Cabalgata de Reis 2017

   O nóso Concello continúa coas actividades programadas cara recta final deste Nadal.

   HOXE, XOVES, 4 DE XANEIRO.- Día dos Nenos.- Tradicional día adicado a tódolos nenos/as polo Concello durante o Nadal. Estase desenvolvendo hoxe na Piscina Municipal e no Pavillón Municipal de Deportes con arranxo ao seguinte programa: Xogos Acuáticos na Piscina Municipal de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:30 h. e Inchables no Pavillón Municipal de Deportes de 16:00 a 20:00 h.

   MAÑÁ, VENRES, 5 DE XANEIRO.- Cabalgata de Reis.-   A Cabalgata está previsto que comece ás 19:00 horas, pero antes, os Reis farán unha visita, coma en anos anteriores, á Residencia da 3ª Idade, visitando aos nosos velliños. Rematada esta actividade, os Reis partirán en cabalgata ás 19:00 horas dende a nave-almacén que o Concello ten nas inmediacións do Campo Municipal de Fútbol, continuando a súa andaina pola Rúa Acceso Grupo Escolar, pasando despois á Avenida Deputación, que recorrerán en boa medida, cortarán despois por Doutor Baamonde Illade, seguindo polo Camiño Real ata chegar ao Pavillón de Deportes. Despois os Reis inda estarán un bó rato con tódolos nenos no Pavillón, recollendo cartas, sacándose fotos, etc.  Para rematar, tódolos nenos e rapaces poderán disfrutar dunha FESTA INFANTIL no Pavillón coa DISCOTECA MÓBIL DECIBELIOS. E despois,….. a esperar os Reis.

Con respecto á celebración da Cabalgata, dende o Concello emitouse un aviso a toda a poboación de Xove solicitando colaboración para mellorar a seguridade no desenvolvemento da Calbagata. Neste sentido, solicítase a tódolos veciños e visitantes que o día da Cabalgata NON APARQUEN na marxe dereita da estrada en sentido cara a Viveiro, dende o primeiro semáforo (cruce coa rúa Acceso Grupo Escolar, onde está a Pizzería Onde Sempre) ata o seguinte semáforo (cruce coa rúa Doutor Baamonde Illade), onde está o Bar A Esquina de Memphis, coñecido antes como A Esquina. Con isto preténdese que tódolos participantes na Cabalgata, os que vaian na mesma Cabalgata e tódolos espectadores, en especial os nenos que van recollendo os caramelos, disfruten de máxima seguridade. Temos que decir que a estrada xeral non se vai a cortar, xa que só se vai utilizar un carril da mesma (o carril dereito en dirección Viveiro), quedando o outro para o tráfico, o cal estará regulado por personal do Servizo Municipal de Vixiancia.

  PLAN B por se se suspende a Cabalgata.- Pode suceder que por cuestións metereolóxicas non poida realizarse a Cabalga. Pois ben, se se suspendese a Cabalgata iríamos todos para o Pavillón de Deportes, lugar onde os Reis estarían con tódolos nenos/as, e despois disfrutaríamos da Festa Infantil coa Discoteca Decibelios.