Aprobación do Presuposto 2018

 Na sesión plenaria de hoxe venres, o Concello de Xove, cos 7 votos a favor do equipo de goberno do PP e a abstención dos 3 concelleiros do BNG presentes, ven de aprobar provisionalmente o orzamento do Concello para o ano 2018.

O Estado de ingresos para o 2018 ascende a 9.116.000 € e o de gastos a 7.330.200 €. O motivo de non darse unha nivelación entre ingresos e gastos é derivado da obriga legal de dar cumprimento á regla de gasto na liquidación do exercicio, polo que o orzamento se aprobará cun superativ inicial de 1.785.800 €. O orzamento cumple deste xeito os requisitos legais de equilibrio, estabilidade e regla de gasto.

En todo caso, ese superavit inicial poderá ser usado ó longo do ano a través de modificacións de crédito en investimentos financeiramente sostibles ou en outros investimentos si tal como está a debate no Congreso se aproba unha flexibilización da regla de gasto para Concellos que non teñen débedas, como é o caso de Xove. Dispoñer dun orzamento importante posibilitará ó Concello seguir a mellorar as nosas infraestructuras, así como todos os servizos que presta.

Xove é un Concello con unha cantidade de servizos á poboación moi importante, que son os que supoñen un maior gasto, tanto en material, dotacións e personal.

Así, os gastos de personal ascenden a 2.724.000 €, que supón o 37% do total. Os gastos en bens correntes elévanse a 2.911.000 € (preto do 40%).

icono FACTURA elecronicaUnha parte importante supoñen tamén as axudas e subvencións a asociacións, clubes deportivos, etc. para o que se destinan 398.800 €, e donde se inclúe tamén a partida para o Plan de Emprego Municipal, con 100.000 € de dotación. É tamén importante o Capítulo 6 de Investimentos, para o que se destina un total de 1.294.400 € (18% do gasto total), que posibilitará a realización de moitas pequenas e algunha grande obra de mellora de infraestructuras por todo o territorio municipal, así como algunha adquisición para mellorar a prestación de servizos.

A posibilidade de incrementar esta cantidade de investimentos co superavit inicial a través de modificacións de crédito, como se comentou, podería facer chegar os investimentos a 3.000.000 € de fondos propios no ano 2018.

No referente ós ingresos, os principais distribúense así: O capítulo 1, de impostos directos (IBI,IVTM,IAE), estímanse 3.828.000 €, o 42% do total. O capítulo 3, de taxas, 3.861.948 (42,37% do total) e o capítulo 4, de transferencias Correntes, na que se recollen axudas doutras administracións (Estado e Comunidade Autónoma), estímase 1.337.454 € (14,67% do total).-