Intercontinental de Bolos con Cristian Rodríguez.

O Club de Bolos Xove  participa no Intercontinental de Bolos  con Cristian Rodríguez.

O vindeiro mércores 21 de marzo, Cristian Rodríguez, xogador do Club de Bolos Xove, vaise desprazar a Hispanoamérica para disputar o CAMPEONATO INTERCONTINENTAL DE BOLO CELTA. Concretamente, este campeonato vaise disputar en Montevideo e Bos Aires dende o 23 de marzo ata o 1 de abril. O campeonato vaise disputar nas modalidades individual, parellas e equipos. As parellas e equipos, pola parte española, vanse formar cos 8 xogadores que dende aquí van partir para competir cos mellores xogadores da parte hispanoamericana.  

A participación de Cristian neste campionato é por méritos propios, xa que quedou 4º no Campionato Galego de 2017 e tamén 4º no Campeonato de España Individual.  Cristian xa  sabe o que é gañar o  Campeonato Intercontinental, dado  que  hai   dous  anos  este celebrouse en  Galicia (nos  Concellos de  Nigrán,  Baiona e Gonzdomar) e Cristian foi campión na categoría individual.