Festas de San Isidoro en Penasagudas-Monte 2018

Un ano máis a Comisión de Festas de Monte, formada por membros da Asociación Cruz de Loureiro de San Isidoro de Monte, organiza as Festas Patronais da Parroquia en honra a San Isidoro os vindeiros 28 E 29 de abril, con arranxo ao seguinte programa:

   -13:00 Horas.- Misa Solemne na Igrexa Parroquial e Procesión en Honra a San Isidoro.

   -14:00 horas.- Sesión Vermú con “PECADOS”.

   -15:00 horas.- Xantar nunha carpa totalmente pechada. Para inscribirse previamente no xantar hai que chamar ao tfno: 646 647 619.

   -17:00 horas.- Verbena con: “PECADOS” e “FENIX”. Para esta verbena, a Comisión ten preparados 3 trofeos para as tres mellores parellas de baile, trofeo para parella máis vella e outro trofeo para máis nova.

   -10:00 horas.- Xuntanza Cabalar e Paseo Sendeirismo “Penasagudas á Cruz do Pao da Vella” (A PÉ OU A CABALO), organizada pola Asociación Cruz de Loureiro. Para inscribirse previamente na Ruta e para apuntarse ao posterior xantar, hai que chamar ao tfno: 982 16 93 49.

   *Nota importante sobre a ruta a cabalo.- “Cada xinete participante na Xuntanza será responsable dos desperfectos ou danos que poida producir xunto co seu cabalo tanto a bens como a persoas, incluídos os danos a sí mesmo e ao seu cabalo.

   -14:00 horas.- Sesión Vermú con “JOSÉ ANIDO”.

   -17:00 horas.- Despois de xantar, baile e verbena con “JOSÉ ANIDO”.

A Comisión de Festas dispón dunha CARPA na cal se realizarán os bailes dos dous dias da festa.

A Comisión tamén quere agradecerlle a tódalas institucións, empresas e particulares que dalgunha maneira axudaron, a súa colaboración coa nosas Festas Patronais.