Atentado ecolóxico no Rio da Rigueira – Xove

Na ponte que cruza o rio da Rigueira, en Regosanguento, acaba de producirse un atentado ecolóxico. Acaban de aparecer restos de mobiliario e outros enseres (restos dun equipo de son, entre outros desperdicios) tirados no rio ao carón mesmo da ponte. O lugar, onde está ubicada unha pequena área de esparcimento, pertencente á ruta dos muiños, apareceu hoxe con eses restos tirados no rio. Este feito, incomprensible desde calquer punto de vista, xa que no Concello, o mesmo que en moitos outros da Comarca, hai un punto limpo onde se poden despositar gratuitamente este tipo de refugallos.

Dende o Concello descoñécese quen puido ser o/a responsable deste verdadeiro atentado. Pero bueno, o Concello puxo en marcha unha investigación para dar co/coa responsable/s deste lamentable feito, co fin de que o peso da lei caiga sobor del/es. Tamén o personal do SEPRONA está a investigar este feito, agravado ademáis por ser o río o depositario do lixo. Trátase dun atentado grave, no que ao haber aparellos electrónicos, a sanción por estes feitos está tipificada no código legal con ata 31.000 €. Recordo, outra vez, que Xove dispón dun PUNTO LIMPO, onde se pode depositar gratuitamente o refugallo durante toda a semana nos seguintes horarios:

 

Ademáis, o Concello de Xove ten un servicio gratuito de recollida deste tipo de residuos polas casas; só hai que chamar ao Concello, e personal do mesmo pasará a recoller este material para depositalo no PUNTO LIMPO.