Presentada a II Concentración de Clásicos de Xove

Hoxe presentouse na Praza do Centro Cívico de Xove a II CONCENTRACIÓN DE VEHÍCULOS CLÁSICOS E HISTÓRICOS, organizada pola Asociación Autoclásicos da Mariña Lucense, nunha convocatoria dirixida a coches e motos clásicos, na súa maioría de Galicia e Asturias. A CONCENTRACIÓN vaise desenvolver en Xove o vindeiro sábado, 29 de setembro, durante todo o día. A organización conta, para este evento, coa colaboración do Concello de Xove e o de numerosas casas comerciais de toda a Comarca.  Para realización desta xuntanza, fíxose unha convocatoria, que vai estar aberta ata o mesmo día da concentración. Nestes momento as inscricións tanto de coches como de motos van a moi bó ritmo. O Programa de actividades vai ser o seguinte:

   A continuación a comitiva vai seguir cara o Cruceiro, para dirixirse á A Vara, pasando por Os Faroles, Igrexa de Xuances e baixada cara Area, onde tódolos participantes, sobor das 15:00 horas, van disfrutar dun xantar no Restaurante Louzao. Unha vez rematado o xantar, a organización ten prevista a entrega de PREMIOS, para finalizar co sorteo dunha serie de produtos doados polos establecementos comerciais colaboradores.