Slider
C/ Camiño Real S/N 27870 Xove (Lugo) / R.E.L. 01270253
CIF:P-2702500F Teléfono: 982592001 concello@xove.es
Turismo Xove
Administración Local
Deporte
Urbanismo
Emprego
Servizos Sociais
Delegación Agricultura

Tempo
Calendario.Lab.
C.Fiscal
Teléfonos
Horario

Tempo

El tiempo - Tutiempo.net

Calendario.Lab.

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE

As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove durante o ano 2019 son as seguintes:

---> 5 de marzo de 2019 (Martes de Entroido)

---> 2 de setembro de 2019 (Festa Patronal  San Bartolomé de Xove)

C.Fiscal

CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS  ---2018----

  • Imposto Municipal de Vehículos :   dende o 16 de abril ata o 18 de xuño de 2018.-   Prazo en voluntaria rematado. Deberá solicitar novos recibos no Concello.
  • I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE:  ---> 17 de setembro a 19 de Novembro 2018.-  Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia). 

Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos  enviánse  DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-  

Teléfonos

galaxyOficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove  Tlf: 982592632

Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove  Tlf: 982592053

Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424

Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove  Tlf: 982592057

Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove  Tlf: 982571816

Horario

       HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO:

  De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30 

  

Xulia Lopez, do Club de Bolos Xove, Campeona de España de bolos celtas

O pasado sábado, 22 de setembro, nos campos de Camos (Nigran) escribeuse unha das páxinas máis gloriosas do Club de Bolos Xove gracias á xovencísima xogadora xovense Xulia Lopez.Certo é que todolos afeccionados aos bolos celtas tiñan a Xulia coma unha potencial gañadora do Campeonato de España absoluto, debido a súa progresión ano a ano. Pero o certo é que ninguén pensaba que puidera facelo este ano e menos diante das dúas xogadoras que prácticamente gañan o 100% das suas partidas nas súas rexions : Paula Lopez en Galicia e Sandra Suárez en Asturias. Pero este sábado Xulia saiu totalmente lanzada a polo tótulo e xa deu a sorpresa ao clasificarse primeira no clasificatorio (o que lle daba a opción de ter man ao comezo de tódalas partidas) En semifinais, Xulia atopuose cunha grandísima rival, Belen Rodriguez (á postre campeona de España por parellas), pero gañou Xulia con soltura.

Na outra semifinal enfrontábanse as dúas top ten no que parecía a final anticipada (Paula Lopez contra Sandra Suárez), saíndo gañadora deste lance a xogadora de Boiro Paula Lopez. Na final Xulia continuou no seu ritmo e gañoulle claramente a Paula por 5-2, confirmando que era o seu gran dia; un resultado extraordinario para unha rapaza de tan só 15 anos, vixente campiona da Liga de Bolos de Xove na súa categoría Sub 16.

Destacar que Salomé Cardoso e Carmen Roca, ámbalas dúas do Club de Bolos Xove, acadaron neste Campeonato Individual a 5ª e 7ª prazas respectivamente. O domingo 23 celebrouse o campeonato de parellas e Xulia volveo a demostrar o seu gran momento de forma; formando parella coa asturiana Inma Menendez, acadaron unha fantástica 3ª praza, perdendo só un partido contra as xogadoras Belen Rodriguez e Rocio Menendez, as cales foron as campeonas de España finalmente. Na segunda praza quedaron Sandra Suarez e Susana Barrero ambas de Asturias. Nesta categoría a parella formada por Carmen Roca e Belen Meitin (do Club de Bolos Xove) acadaron un 5º posto e Salome Cardoso (do Club de Bolos Xove) formando parella coa xovencísima Noemi Gonzalez (ten a mesma edade que Xulia) quedaron nun meritorio 7º posto.

Estes foron os resultados finais tanto en categoría individual como de parellas (temos en conta só as 8 primeiras clasificadas en cada categoría.

CAMPIONATO DE ESPAÑA INDIVIDUAL

  • Campioa de España: JULIA LÓPEZ do club Xove de Xove (Lugo)
  • Subcampioa: PAULA LÓPEZ do club Portameán de Belesar-Baiona (Pontevedra)
  • 3ª clasificada: SANDRA SUÁREZ do club Villatresmil de Tineo (Asturias)
  • 4ª clasificada: ANA BELÉN RODRÍGUEZ do club Rega de Baiona (Pontevedra)
  • 5ª clasificada: SALOMÉ CARDOSO do club Xove de Xove (Lugo)
  • 6ª clasificada: DAVINIA DIOS do club Portameán de Baiona (Pontevedra)
  • 7ª clasificada: CARMEN ROCA do club Xove de Xove (Lugo)
  • 8ª clasificada: JENIFER LEA do club Estivada de Baiona (Pontevedra)

CAMPIONATO DE ESPAÑA POR PARELLAS

  • Campioas: ANA BELÉN RODRÍGUEZ e ROCÍO MENÉNDEZ, clubs Rega (Baiona) e Los Serenos de Tineo (Asturias)
  • Subcampioas: SANDRA SUÁREZ e SUSANA BARRERO, clubs Villatresmil e Occidente de Tineo (Asturias)
  • 3ª clasificadas: JULIA LÓPEZ e INMA MENENDE, clubs Xove (Lugo) e L’Acabose de Tineo (Asturias)
  • 4ª clasificadas: PAULA LÓPEZ e MARTA FERNÁNDEZ, clubs Portameán (Baiona) e Horizonte de Tineo (Asturias).
  • 5ª clasificadas: CARMEN ROCA e BELÉN MEITÍN, club Xove (Lugo)
  • 6ª clasificadas: JENIFER LEA e BLANCA LAGO, club Estivada (Baiona)
  • 7ª clasificadas: SALOMÉ CARDOSO e NOEMÍ GONZÁLEZ, clubs Xove (Lugo) e L’Acabose de Tineo (Asturias)
  • 8ª clasificadas: DAVINIA DIOS e VERÓNICA FERNÁNDEZ, clubs Portameán (Baiona) e Compastur (Asturias).

   O próximo fin de semana celebrarase na localidade Asturiana de Tineo o Campeonato de España mixto por parellas, que pecha a tempada a nivel nacional.

histórico de noticias

Piscina Municipal
Información Xuvenil
Escola Infantil
Consumo
Escola de Música
Bolos
Punto Limpo