Xulia Lopez, do Club de Bolos Xove, Campeona de España de bolos celtas

O pasado sábado, 22 de setembro, nos campos de Camos (Nigran) escribeuse unha das páxinas máis gloriosas do Club de Bolos Xove gracias á xovencísima xogadora xovense Xulia Lopez.Certo é que todolos afeccionados aos bolos celtas tiñan a Xulia coma unha potencial gañadora do Campeonato de España absoluto, debido a súa progresión ano a ano. Pero o certo é que ninguén pensaba que puidera facelo este ano e menos diante das dúas xogadoras que prácticamente gañan o 100% das suas partidas nas súas rexions : Paula Lopez en Galicia e Sandra Suárez en Asturias. Pero este sábado Xulia saiu totalmente lanzada a polo tótulo e xa deu a sorpresa ao clasificarse primeira no clasificatorio (o que lle daba a opción de ter man ao comezo de tódalas partidas) En semifinais, Xulia atopuose cunha grandísima rival, Belen Rodriguez (á postre campeona de España por parellas), pero gañou Xulia con soltura.

Na outra semifinal enfrontábanse as dúas top ten no que parecía a final anticipada (Paula Lopez contra Sandra Suárez), saíndo gañadora deste lance a xogadora de Boiro Paula Lopez. Na final Xulia continuou no seu ritmo e gañoulle claramente a Paula por 5-2, confirmando que era o seu gran dia; un resultado extraordinario para unha rapaza de tan só 15 anos, vixente campiona da Liga de Bolos de Xove na súa categoría Sub 16.

Destacar que Salomé Cardoso e Carmen Roca, ámbalas dúas do Club de Bolos Xove, acadaron neste Campeonato Individual a 5ª e 7ª prazas respectivamente. O domingo 23 celebrouse o campeonato de parellas e Xulia volveo a demostrar o seu gran momento de forma; formando parella coa asturiana Inma Menendez, acadaron unha fantástica 3ª praza, perdendo só un partido contra as xogadoras Belen Rodriguez e Rocio Menendez, as cales foron as campeonas de España finalmente. Na segunda praza quedaron Sandra Suarez e Susana Barrero ambas de Asturias. Nesta categoría a parella formada por Carmen Roca e Belen Meitin (do Club de Bolos Xove) acadaron un 5º posto e Salome Cardoso (do Club de Bolos Xove) formando parella coa xovencísima Noemi Gonzalez (ten a mesma edade que Xulia) quedaron nun meritorio 7º posto.

Estes foron os resultados finais tanto en categoría individual como de parellas (temos en conta só as 8 primeiras clasificadas en cada categoría.

CAMPIONATO DE ESPAÑA INDIVIDUAL

CAMPIONATO DE ESPAÑA POR PARELLAS

   O próximo fin de semana celebrarase na localidade Asturiana de Tineo o Campeonato de España mixto por parellas, que pecha a tempada a nivel nacional.