Incidencias da 4ª Tirada de Bolos

INCIDENCIAS DA 4ª TIRADA

(Tirada do CAMPO MUNICIPAL DE FÚTBOL DE XOVE) - Sábado, 10 de novembro 2018)

 

 

CAMPEONATO DE BOLOS DE   CAMPO DE FÚTBOL DE XOVE (10 DE NOVEMBRO DE   2018)

30     INSCRITOS: 19 NA LIGA SENIOR,   3   NA LIGA SUB 16   E   8     NA LIGA FEMININA

CLASIFICACION                                                    NOME TANTOS PUNTOS
LIGA SENIOR
PRIMEIRO JORDI MEITÍN SERANTES 296 12
SEGUNDO ALEX MEITÍN SERANTES 291 10
TERCEIRO MIGUEL LÓPEZ FORMOSO 289 8
CUARTO JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ 282 7
QUINTO SÓCRATES CAMPO SUÁREZ 274 6
SEXTO ARTURO VIGO CASABELLA 273 5
SÉTIMO DANIEL ALONSO LÓPEZ 266 4
OITAVO FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ 247 3
NOVENO CRISTIAN RODRÍGUEZ BAÑO 242 2
DÉCIMO C. JAVIER RODRÍGUEZ CASABELLA 238 1
MELLOR BOLADA SÓCRATES CAMPO SUÁREZ 94 1
LIGA SUB 16
PRMEIRO JAVIER ALONSO LÓPEZ 203 6
SEGUNDO HUGO PÉREZ MEITÍN 138 4
TERCEIRO IZAN MARAGOTO BERMÚDEZ 131 3
CUARTO     2
QUINTO     1
MELLOR BOLADA JAIVER ALONSO LÓPEZ 68 1
LIGA FEMININA
PRMEIRO CARMEN ROCA CORRAL 196 6
SEGUNDO JULIA LÓPEZ FORMOSO 161 4
TERCEIRO PAULA CAMPO SUÁREZ 153 3
CUARTO SALOMÉ BERMÚDEZ BEN 119 2
QUINTO CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ 98 1
MELLOR BOLADA CARMEN ROCA CORRAL 53 1

Tarde bastante agradable. Excelente participación con 30 inscritos.

Liga Senior Masculina.- Primeira victoria de Jordi Meitín que o aupa á terceira posición da táboa. Sigue liderando unha semana máis Miguel López, que se posiciona xa dende o comezo coma un dos favoritos pese a súa xuventude. Dende logo, esta desplegando un xogo moi potente e consistente, arriscando moito, e polo momento está a sairlle ben. Por detrais xa se van posicionando algúns dos favoritos; neste sentido, dous dos grandes favoritos finais como Alex Meitín (vixente campión) e Rafael González (campión deste torneo en varias ocasións) van ter que espabilar se non queren quedar sen posibilidades ás primeiras de cambio; os líderes seguro que non van esperar por eles.

Liga Senior Feminina.- A segunda posición permítelle a Julia López encabezar por primeira vez na súa vida esta Liga; tendo en conta isto, os dous irmáns (Miguel López e Julia López) encabezan a xeral das calificacións seniors deste campionato. Non recordamos ningún caso similar nos cáseque 30 anos de vida desta competición.

A victoria na tirada permítelle á veterana Carmen Roca auparse ao terceiro escalón da xeral, para non perder comba cara o trunfo final, do que é unha das claras favoritas, xunto tamén con Belén Meitín.

Segundo informacións no noso poder, a vixente campiona Salomé Cardoso non vai poder revalidar o seu título xa que por cuestións de carácter laboral non vai poder participar nesta tempada. Unha mágoa, xa que se trata dunha grandísima xogadora.

Liga Sub 16.- Nova victoria, cuarta consecutiva, de Javier Alonso, que lidera sólidamente con 26 puntos. Dúas cousas nesta Liga, a primeira o dominio claro de Javier Alonso, incontestable polo momento, e a segunda a baixa participación, o que é un gran motivo de preocupación para organización.

A vindeira tirada, cuarta do campionato, vai ter lugar no CENTRO SOCIAL DO CRUCEIRO, O SÁBADO 17 DE NOVEMBRO DE 2018.