VIII Concurso de Karaoke de Xove. Xa está aberta a inscrición

 Dentro do Programa de Nadal deste ano, un dos seus pratos fortes vai ser o CONCURSO DE KARAOKE, que este ano celebra a súa VIII edición o SÁBADO, 22 DE DECEMBRO.  Este Concurso presenta tres categorías: PEQUES para menores de 12 anos; IUNIOR de 12 anos ou máis e menores de 18; VETERANOS para maiores de 18 anos. As BASES, FICHA DE INSCRICIÓN e a RELACIÓN DE CANCIÓNS para participar pódense consultar nas Oficinas Xerais do Concello, no Departamento de Cultura e na Web do Concello. Tamén podemos enviar toda esta documentación por email (Bases, Ficha de Inscrición e Relación de Cancións), se así nolo solicitan.

CARTEL CONCURSO KARAOKE 2018

   A inscrición neste Concurso é de carácter totalmente gratuita. Pois ben, a inscrición xa está aberta. A mesma pódese facer de varias maneiras, ben presencialemente nas oficinas do Concello, máis concretamente na oficina do Técnico Municipal de Cultura en horario de oficina, ou ben por teléfono, chamando ao Concello; neste segundo caso a documentación haberá que aportala con posterioridade. Para a inscrición só se esixe unha copia do DNI do participante se este é maior de idade e, se é menor, unha focopia do DNI do pai, nai ou titor/a do mesmo.

   A inscrición vai estar aberta con carácter xeral ata as 15:00 horas do venres 21 de decembro. A inscrición vai estar aberta tamén o mesmo día de celebración do Concurso (sábado 22) , en horario de 17:00 a 19:00 horas no Pavillón Municipal, para os que inda queiran apuntarse.

Dentro das posbilidades de inscrición hai un apartado especial para os que concursen cunha canción non incluída na lista da Organización. Para estes casos, a inscrición rematará o venres 14 de decembro ás 14:30 horas.

En canto aos premios do Concurso, temos 3 por categoría: dous premios á Mellor voz e 1 premio á Mellor caracterización.

PREMIOS: ---->Peques. Premio á “Mellor voz” (2 premios): 60 euros.- Premio á “Mellor caracterización”: 60 euros ----> Iunior.- Premio á “Mellor voz” (2 premios): 90 euros.- Premio á “Mellor caracterización”: 90 euros -----> Veteranos.- Premio á “Mellor voz” (2 premios): 150 euros.- Premio á “Mellor caracterización”: 150 euros

 

En total son 900 € en premios en metálico. E importante sinalar que o pago dos premios vaise realizar o mesmo día do Concurso, ao remate do mesmo; con isto queremos darlles facilidades aos premiados/as que veñan de fóra de Xove, para que non teñan que volver a desprazarse ata Xove para poder cobralo premio.

Listado de cancións     <<<>>   Ficha de inscripción (menores 18 anos)   <<<>><   Ficha de Inscripción (maiores de 18 anos)