VIII Concurso de Karaoke de Xove

Celebrado este pasado sábado 22 de decembro, nun Pavillón Municipal de Deportes ateigado de xente, decir que constituiu todo un éxito, tanto de participación e calidade musical, coma de público. Xulia Nogueira, Directora da Escola Municipal de Música de Xove, Dº Fausto Caballero pola Asociación Saiñas de Xove e Dº Daniel Fernández Caxete Director e membro do grupo musical Sons de Celeiro. A relación de gañadores, segundo categorías, foi a seguinte:

Categoría “PEQUES” (ata 12 anos):

   Categoría “IUNIOR” (DE 12 ata 18 anos):

   Categoría “VETERANOS” (maiores de 18 anos):

   Decir que a participación foi excelente, a mellor das oito edicións do festival, con 26 inscritos: 7 en categoría “peques”, 3 en categoría “iunior” e 16 en categoría “veteranos”. A gala foi presentada por Vanesa Míguez e Rubén Pico, os cales conduciron magníficamente este espectáculo por sétimo ano consecutivo. Decir tamén que o grupo de música Sons de Celeiro fixeron unha pequena actuación como anticipo do concerto que celebraron hoxe no Salón de Actos do Centro Cívico.

   A entrega de premios foi presidida polo Alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado polas Concelleiras: Dolores Meitín (Cultura) e Ana Abad (Servizos Sociais).