Nace Xove Costa -Trail

 Unha nova iniciativa deportiva acaba de porse en marcha no noso Concello, Xove Costa Trial (XCT). O día escollido para esta cita é o domingo, 24 de marzo. Nesta carreira imos ter dúas distancias: unha de 25 km (XCT25KM) e outra de 13 km (XCT13KM), así como unha andaina de 11 Km. A saída desta carreira farase dende o Cabo de Morás, transcurrindo pola costa de Xove, pasando por lugares tan atractivos coma a Illa de Sarón, Coto da Vela, Punta Merixe, Praia de Portocelo, San Tirso, Roncadoira, Ensenada de Coído, Punta Mansa, Praia do Muiñelo, etc. ata chegar ao Centro Cívico.   O percorrido vai pasar polas seguintes parroquias do Concello: Morás, Portocelo, Xuances, Sumoas, Lago e Xove.

   A concentración inicial realizarase na Praza do Centro Cívico, onde os participantes recollerán os dorsais, bolsa de corredores, …. A organización ten previsto autobuses para levar aos corredores ao punto de saída.  Unha vez rematada a carreira, a organización ten disposta unha pinchada para tódolos participantes.

As inscricións para Xove Costa Trail hai que facelas na Web championchipnorte. O seguimento de todo o relativo a esta carreira pódese realizar a través de Facebook en xovecostatrail. A organización deste evento corre a cargo da SECCIÓN DE MONTAÑA E SENDEIRISMO DA ACD XOVE e de ROQUE SPORT, contándose co Patrocinio do Concello de Xove e a colaboración de comercios e negocios da localidade.