O perigo da velutina abordado nunha charla en Xove

Este pasado luns 11 de febreiro, ás 13:30 h no Salón de Plenos do Concello, o alcalde mantivo unha xuntanza cos apicultores afeccionados do noso Concello para falar da problemática que estamos a sofrer dende hai unhs anos, concretamente dende que a velutina nos invadeu.

Aparte de abordar a problemática na xuntanza, o alcalde ofreceulles unha mensaxe de esperanza, pedíndolles unión, decindo que, entre todos, pódense tomar medidas de prevención que permitan erradicalas.

 Ao final fíxolles entrega a tódolos participantes dun líquido para combatilas, animándoos tamén a pór trampas xa que estamos na mellor época do ano para facelo.