Programa de actividades do Concello para o Entroido 2019

Venres, 1 de marzo.- Este día a Concellería de Servizos Sociais organiza o FESTIVAL DE ENTROIDO da Escola Infantil de Xove, que terá como prólogo un desfile polas rúas de Xove para rematar co propio Festival no Salón de Actos do Centro Cívico a partires das 11:00 horas.

 

   Os actos centrais do Entroido, que a Concellería de Cultura preparou para este ano, vanse desenvolver o SÁBADO, 2 DE MARZO. O Programa para este día é o seguinte:

   -16:00 horas.- Pasacalles por Xove a cargo da “CHARANGA “OS CHARANGOS”. Como paso previo a charanga vai ofrecer unha pequena actuación na Residencia da 3ª Idade San Bartolo de Xove.

   -17:00 horas.- DESFILE DE ENTROIDO polas rúas de Xove, con saída do Campo Municipal de Fútbol e chegada no Centro Cívico. Do Desfile, premios e da forma de inscribirse no mesmo, falamos nun apartado a continuación.

   -18:30 a 20:30 horas.- BAILE INFANTIL DE DISFRACES coa DISCOTECA MÓBIL DECIBELIOS no Pavillón de Deportes. Nun intermedio deste baile faranse entrega dos premios do Desfile en categorías infantil individual e infantil parellas.

   -22:30 horas en diante.- BAILE DE DISFRACES coa actuación do GRUPO “FÉNIX” e a DISCOTECA MÓBIL DECIBELIOS no Pavillón Municipal de Deportes. Nun intermedio deste Baile, sobre as 00:00 horas, faranse entrega dos restantes premios do Desfile de Entroido.

   A entrada a estes bailes é de carácter totalmente libre e gratuito.

   Dado a inestabilidade do tempo e prevendo que o tempo poida empeorar e a climatoloxía non axude, o Concello vai dispor dunha CARPA que cubra prácticamente toda a praza do Centro Cívico, co fin de que garantir a celebración do desfile inda que choiva.

 

XA ESTÁ ABERTA A INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NO DESFILE "ENTROIDO 2019" EN XOVE

   O período de inscrición xa está aberto, e a mesma hai que realizala en:

      -No Concello, na oficina do Técnico de Cultura ata o venres 1 DE MARZO incluido, ou ben, chamando por teléfono ao 982592001.

      -O mesmo día do desfile (2 de marzo) no punto de saída ubicado na Nave-almacén situada ao carón do Campo Municipal de Fútbol, dende as 15:00 ata as 16:30 horas. Dende as 16:30 ata as 17.00 horas non se permitirá ningunha anotación máis, e só se poderán recoller os dorsais daqueles que se inscribiran con anterioridade via telefónica ou presencial.

   O Concello ten previsto que tódolos/as participantes a nivel individual, como parella, grupo, comparsa/grupo ou carroza que se houberan inscrito previamente no desfile (antes do 1 de marzo) reciban un agasallo de parte da Organización. Os/as que se inscriban o mesmo día do desfile non terán dereito a este agasallo. O agasallo se lles entregará ao final do Desfile, dentro do Pavillón de Deportes, entregando o ticket facilitado previamente pola Organización.

PREMIOS QUE SE VAN ENTREGAR NO DESFILE

PREMIOS COLECTIVOS

Carrozas.

1º premio: 500 euros

2º premio: 350 euros

3º premio (2 premios): 250 euros cada premio

 

Comparsas e grupos de dez persoas ou máis

1º premio: 300 euros

2º premio: 250 euros

3º premio (2 premios): 200 euros cada premio

 

Grupos de adultos de 3 a 9 persoas (a metade máis un dos compoñentes do grupo deben ser maiores de 14 anos)

1º premio: 130 euros

2º premio: 100 euros

3º premio (2 premios): 70 euros cada premio

 

Grupos infantís de 3 a 9 persoas (a metade máis un dos compoñentes do grupo deben ser menores de 14 anos)

1º premio: 120 euros

2º premio: 90 euros

3º premio (2 premios): 60 euros cada premio

 

Parellas adultos

1º premio: 70 euros

2º premio: 60 euros

3º premio (2 premios): 50 euros cada premio

 

Parellas infantís

1º premio: 60 euros

2º premio: 50 euros

3º premio: 40 euros cada premio

       PREMIOS INDIVIDUAIS

 

Individuais adultos (de 14 anos en diante)

 

1º premio: 60 euros

2º premio: 50 euros

3º premio (2 premios): 40 euros cada premio

 

Individuais infantil (menores de 14 anos)

 

1º premio: 50 euros

2º premio: 40 euros

3º premio ( 2 premios): 30 euros cada premio

 

 

 

 

    Amáis dos anteriores premios, o Concello estableceu catro premios máis:

-Premio ao disfraz máis original (pode ser tando individual como colectivo): 30 euros.

-Premio ao participante máis maior: 30 euros.

-Premio ao conxunto máis numeroso: 30 euros.

           -Premio ao participante máis novo, que recibirá un agasallo

---->BASES REGULADORAS

---->PROGRAMA DE ACTIVIDADES