Comezan as Festas de Lago en Xove 2019

Unha das Festas con máis solera da Mariña teñen este fin de semana o seu epicentro. A parroquia de Lago, no Concello de Xove, celebra este fin de semana as súas Festas Patronais en honra á Virxe do Carme e a San Antón.A organización da Festa corre a cargo da Asociación de Festexos A Granda. O amplo programa de actividades vai comezar o venres 19 de xullo, cunha GRAN CHURRASCADA, con PREZOS POPULARES, a partires das 8 DA TARDE NO CAMPO DA FESTA, á que están citados tódolos xovenses e visitantes da Parroquia nestes días. Cada ración vai incluír: churrasco de porco, ½ chourizo vermello, ½ chourizo criollo, patacas fritidas e pan.

Despois da churrascada, e para facer unha boa dixestión movendo o esqueleto, unha gran verbena coa “ORQUESTRA SALSARENA” e o “GRUPO ARIZONA”. Previndo unha grande afluencia de público, a organización ten previsto amplos aparcamento no entorno do campo da festa co fin de facilitar a presenza de tódolos visitantes.  Xa o sábado 20 de xullo, DIA ADICADO Á VIRXE DO CARME, pola mañá teremos e sesión vermú a cargo do “GRUPO ALMA LATINA”, e xa pola noite, verbena co “GRUPO TAPYOKA” e o “GRUPO ALMA LATINA”. O domingo 21 de xullo, DIA ADICADO Á SAN ANTÓN, teremos pola mañá Misa Solemne ás 13:30 horas e posterior procesión, para rematar cunha SESIÓN VERMÚ PROLONGADA a cargo do “TRIO LEMBRANZA”, coa que se porá punto final ás Festas.

   A Comisión quere, darlle as grazas a tódalas persoas, institucións, empresas, etc. que desinteresadamente colaboraron coas nosas festas, agradecemento que queremos sexa especial para tódolos veciños de Lago, aos cales invitan a participar e disfrutar das moitas actividades programadas.