Slider
C/ Camiño Real S/N 27870 Xove (Lugo) / R.E.L. 01270253
CIF:P-2702500F Teléfono: 982592001 concello@xove.es
Turismo Xove
Administración Local
Deporte
Urbanismo
Emprego
Servizos Sociais
Delegación Agricultura

Tempo
Calendario.Lab.
C.Fiscal
Teléfonos
Horario

Tempo

El tiempo - Tutiempo.net

Calendario.Lab.

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE

As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove durante o ano 2020 son as seguintes:

---> 25 de febreiro de 2020 (Martes de Entroido)

---> 31 de agosto de 2020 (Festa Patronal  San Bartolomé de Xove)

C.Fiscal

CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS  2020

  • Imposto Municipal de Vehículos :   dende o <<<de abril ata o <<<< de xuño de 2020.-   
urbanismo
  • I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE:  ---> <<< setembro a <<< de Novembro 2020-  Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia). 

Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos  enviánse  DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-  

Teléfonos

galaxyOficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove  Tlf: 982592632

Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove  Tlf: 982592053

Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424

Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove  Tlf: 982592057

Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove  Tlf: 982571816

Horario

HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30

Acordo Plenario sobre Alcoa

No pleno celebrado o pasado martes 15 de outubro, a iniciativa da Alcaldía de Xove, aprobouse por unanimidade de toda a corporación unha proposta en apoio da competitividade e futuro dos empregos das factorías que a multinacional alcoa ten en Xove e Cervo.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

As factorías coas que a multinacional Alcoa conta en Xove e Cervo (para a fabricación de alumina e aluminio) teñen un carácter estratéxico por canto constitúen o principal motor económico e laboral da Mariña lucense e un dos máis importantes da nosa provincia, onde incluso representa o 30% do seu Produto Interior Bruto (PIB).

Estamos a falar da principal fonte de emprego directo para máis de 1.100 familias de traballadores do complexo, aos que teríamos que engadir os empregos indirectos que xera Alcoa na costa lucense, tanto nas empresas auxiliares, como en sectores como o de servizos e hostalería (calcúlase un total no entorno a 5.000 postos de traballo).

Un dos principais factores que afectan á competitividade e futuro desta compañía ten que ver co custe da enerxía eléctrica, xa que logo para transformar a alumina en aluminio é preciso un proceso de electrólise que precisa de moita demanda enerxética. Só Alcoa San Cibrao ten un consumo equivalente a 30.000 fogares.

A factura eléctrica representa un dos gastos máis importantes da conta de explotación da factoría e os elevadísimos incrementos do prezo que están a ter lugar nos últimos meses poñen en risco a viabilidade e futuro deste complexo industrial, sen que o Goberno central adopte as medidas ás que se comprometeu, entre elas, a aprobación do Real Decreto que incorpora o Estatuto de Consumidores Electrointensivos.

Esta ferramenta normativa debe establecer unha combinación de medidas, primas, subvencións e descontos, que protexan a competitividade das empresa altamente dependentes da enerxía abaratando o custo final do subministro, unha variable especialmente necesaria, para empresas que compiten nun mercado global. Neste momento o prezo da electricidade en España é moi caro, preto dun 50 % máis que en Alemaña ou Francia.

Con todo, o borrador deste Real Decreto presentado o pasado mes de marzo polo Ministerio de Enerxía e Transición Ecolóxica non foi satisfactorio para ninguén, porque recortaba o sistema de apoio actual, e non incorporaba as demandas do sector. A Xunta de Galicia validou e presentou coas empresas electrointensivas as alegacións para que o futuro estatuto incluíra as propostas de Galicia sen que, ata o de agora, obter cumprida resposta.

Non é a primeira vez que na factoría lucense existen tensións como consecuencia do prezo da electricidade, pero nesta ocasión a situación é moito más grave derivada da inactividade do Goberno central ou de decisións políticas como as que desde o Executivo estatal cuestionan o futuro das empresas produtoras de enerxía (térmicas, de carbón, nucleares) sen alternativas viables a prezos competitivos.

Ademais a día de hoxe, a situación vese agravada tendo en conta que a multinacional advirte que o mantemento dos prezos actuais non permiten a produción aluminio en condicións competitivas e que lle levou a adoptar decisión inauditas, como a venda das factorías emprazadas na Coruña e Avilés ou a decisión de recortar a produción e pechar a actividade de 32 cubas na factoría de San Cibrao.

Por todo o anterior, preséntase ó Pleno do Concello de Xove a presente PROPOSTA DE ALCALDÍA EN APOIO DA COMPETITIVIDADE E FUTURO DOS EMPREGOS NAS FACTORIAS DA MULTINACIONAL ALCOA e proponse a aprobación dos seguintes

ACORDOS ADOPTADOS:

  • 1º.- Instar ao Goberno central a realizar todas as accións necesarias encamiñadas a garantir os centros produtivos e os postos de traballo das factorías de Alcoa en San Cibrao (Cervo) .
  • 2º.- Instar ao Goberno central a garantir un marco enerxético estable e competitivo e aprobar, de xeito inmediato, o estatuto de apoio ás empresas electrointensivas, no que se incorporen as alegacións presentadas en conxunto pola Xunta de Galicia e as compañías galegas, así como as presentadas polos representantes dos traballadores, co fin de que Alcoa dispoña dun prezo da enerxía que lle permita manter a súa actividade.

 

.histórico de noticias.

Piscina Municipal
Información Xuvenil
Escola Infantil
Consumo
Escola de Música
Bolos
Punto Limpo