PRESENTACIÓN EN XOVE DO LIBRO-DISCO "IACOBUS"

Hoxe, ás 11:00 horas no salón de Plenos do Concello, tivo lugar a presentación pública do LIBRO-DISCO “IACOBUS”, coa a presenza do alcalde Demetrio Salgueiro, a concelleira de cultura Dolores Meitín, Xan Carballal director da Orquestra Clásica de Xove e Xulia Nogueira directora da Escola Municipald de Música de Xove. Estiveron acompañados por un nutrido grupo duns 40 alumnos e profestores do IES Illa de Sarón de Xove.

O Disco-Libro foi patrocinado pola Xunta de Galicia XACOBEO 2021 e polo Concello de Xove. Tivo un presuposto de 11.228,80, dos cales a Xunta aportou  6.737,28 € e o Concello o resto. Na realización do libro, que parteu dunha idea de Xulia Nogueira e Xan Carballal, participaron principalmente as seguintes persoas.
Musicalmente tamén participaron alumnos e coros das Escolas de Música de Xove, Burela e Mondoñedo, así coma a Oraquestra Clásica de Xove.
PRESENTACIÓN LIBRO-DISCO IACOBUS 1
 
O libro conta unha historia dun peregrino, que lóxicamente non imos desvelar aquí. No tocante ao disco, inclúe música orixinal a e arranxos de pezas medievais  cargo de Xan  Carballal, así como poesías de Xuia Nogueira.
Sen dúbidas, un gran traballo que permite celebrar os 30 anos da creación da Escola Municipal de Música de Xove, tal como ercolle o alcalde Demetrio SAlgueiro na introducción do libro.
 
Rematada a presentación, o alcalde entregoulle a Xan Carballal -como recoñecemento dese importante  Premio da Crítica que recentemente recibeu o músico- unha figura de Sargadelos que representa o Faro de Roncadoiro, un dos símbolos de Xove.  Noraboa a Xan por este importante premio da Crítica e polo recoñecemento do Concello.