Comeza o Nadal en Xove...

Estamos no comezo do Nadal. Pois ben, o BELÉN XIGANTE DE XOVE acaba de abrir as súas portas a todo o público.  Está instalado, coma nos últimos anos, no parque municipal que está enfrente ao Concello.

Vai estar aberto ata pasado o Nadal, e durante as 24 horas do día . Dende o Concello invitamos a tódolos nosos veciños e visitantes a que disfruten do Nadal e do Belén Xigante de Xove.