O Concello continúa coas súas actividades de Nadal

CANCELADO O CONCERTO DE NADAL

 

IX CONCURSO DE KARAOKE. CONTINÚA ABERTA A INSCRICIÓN

Un dos grandes eventos do programa de Nadal do Concello é, sen dúbida, o Concurso de Karaoke.

 A inscrición para participar continúa aberta, podendo facerse presencialmente nas oficinas do Concello, concretamente no despacho do Técnico de Cultura, ou ben chamando ao Concello ao 982592001, en horario de oficina.

  Amáis disto, o mesmo día do karaoke, o sábado 28, tamén teremos aberta a inscrición no Pavillón de Deportes en horario de 17:00 a 19:00 horas.