Concurso “Tapeo do mar”

ROCÍO RODRÍGUEZ do establecemento hostaleiro A FUGA recibeu de man do alcalde José Demetrio Salgueiro o premio da II Edición do Concurso “Tapeo do mar” enmarcado nas Xornadas Gastronómicas 2019 do proxecto GALP: CONSTRUIR O FUTURO DE XOVE MIRANDO AO MAR pola súa tapa: LURA DE OUTONO

 

“Agradezo moito o premio, porque a verdade é que a tapa deunos moito traballo, pero o que realmente me gustou por enriba de todo foi a aceptación da clientela, a resposta da xente foi desbordante, non me esperaba que fose gustar tanto algo tan pequeniño.

A formación que recibín de Lucía Freitas foi moi valiosa, aprendín cousas que nin se me ocorrera que se podían facer e que seguín aplicando a outras tapas, por outra parte, de Lucía gustoume todo: a súa implicación, a súa humildade, a súa cercanía,...”