C/ Camiño Real S/N 27870 Xove (Lugo) / R.E.L. 01270253
CIF:P-2702500F Teléfono: 982592001 concello@xove.es
Conoce Xove
Administración Local
Deporte
Urbanismo
Emprego
Servizos Sociais
Delegación Agricultura

Tempo
Calendario.Lab.
C.Fiscal
Teléfonos
Horario

Tempo

Pronóstico de Tutiempo.net

Calendario.Lab.

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE

As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove durante o ano 2017 son as seguintes:

  • 28 de febreiro de 2017    (Martes de Antroido)
  • 21 de agosto de 2017      (Festa Patronal de San Bartolomé de Xove)

C.Fiscal

CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS  2017

 

Imposto Municipal de Vehículos : 20 abril ata o 20 de xuño de 2017.-

 

I.B.I.: Rustica e Urbana:  15 de setembro a 15 de Novembro 2017.-  Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de decembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).  

Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos  enviánse  DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-  

Teléfonos

galaxyOficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove  Tlf: 982592632

Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove  Tlf: 982592053

Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424

Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove  Tlf: 982592057

Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove  Tlf: 982571816

Horario

       HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO:

  De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30 

  

A exposición "Xove 360º. un grado máis" xira polos centros sociais

Esta Exposición fotográfica, que durante do 14 ao 30 de agosto estivo exposta na Sala de Exposicións do Cívico, pode ser contemplada agora no Centro Social de Lago, onde está instalada dende onte 22 de setembro ata o 4 de outubro. O horario de apertura vai selo o do propio Centro Social.
Debido ao éxito da Exposición, dende a Concellería de Cultura decidiuse xirala por todo o Concello, polo que despois de Lago a Exposición irá ao Centro Social de S. Isidoro de Monte, e despois a outro, e así ata completar o circuito de todo o Concello:

-22 SETEMBRO A 4 OUTUBRO: C.S. LAGO
-6 AO 18 OUTUBRO: C.S. S. ISIDORO DE MONTE
-20 OUTUBRO A 1 NOVEMBRO: C.S. O CRUCEIRO
-3 AO 15 DE NOVEMBRO: C.S. A VARA.
-17 AO 29 NOVEMBRO: C.S. SUMOAS.
-1 AO 13 DECEMBRO: C.S. VILACHÁ.
-15 AO 27 DECEMBRO: C.S. S. PALMEIRO

A Exposición Xove 360º” xurdiu o pasado ano por unha iniciativa da Concelleira de Cultura Dolores Meitín, polo que a deste ano e como unha continuación da do pasado ano, dahí o engadido de “Un grado máis”.

Para realización desta Exposición a Concellería de Cultura realizou hai uns meses unha convocatoria entre os fotógrafos amateurs do Concello á cal acudiron 13 fotógrafos, frente aos 7 da convocatoria do pasado ano, razón pola cal dende a Concellería de Cultura se sinte unha especial satisfacción pola boa acollida da convocatoria.

Os 13 fotógrafos que participan nesta Exposición, son: Felipe Abad, José Manuel Blanco, Míriam Bermúdez, Santos Cordovilla, Alberto Rapa, Juan Antonio Fernández, Mateo Guerreiro, María Elena Fernández, Andrea Castro, Ana Isabel Lage, Andrés García, Eduardo Basanta e Carlos Montero.

En total preséntanse 50 fotografías, das cales cada autor escolleu dúas das propias directamente, sendo as 24 restantes escollidas entre tódolos fotógrafos participantes.
A temática da exposición este ano foi libre, inda que o que predomina son paisaxes.

As fotografías están en formato 40X50, realizadas en papel fotográfico máis "foam" (unha especie de cartón pluma). O deseño do cartel da Exposición o realizou Ana Isabel Lage e o deseño da presentación das fotografías foi realizado por Miriam Bermúdez, ambas fotógrafas participantes na mesma.

histórico de noticias

Piscina Municipal
Información Xuvenil
Escola Infantil
Consumo
Escola de Música
Bolos
Punto Limpo