A actividade dos Reis comezou en Xove orredor das 6 da tarde, coa xa visita tradicional á Residencia da Terceira Idade, acompañados na mesma polo Alcalde Demetrio Salgueiro. Uns 40 minutos permaneceron os Reis na Residencia, departindo con tódolos residentes, un a un.
Despois desta emotiva e preciosa visita, os Reis desprazáronse ao entorno do Campo Municipal de Fútbol de Xove para, nas súas reais carrozas dar comezo á Cabalgata, o que fixeron sobre as 19:15 horas. Os Reis, acompañados de paxes e varias carrozas máis onde iban os agasallos, realizaron o seguinte percorrido polas rúas de Xove: Rúa Acceso Grupo Escolar, Avenida Deputación, Rúa Doutor Baamonde Illade, Camiño Real e chegada ao Centro Cívico.
A pesares do frio que acompañou todo o traxecto, e a choiva que humedeceu por igual a participantes e público, foron moitísimas as persoas, especialmente nenos, que disfrutaron da Cabalgata.
Chegados ao Centro Cívico, onde foron recibidos novamente polo Alcalde, os Reis desprazáronse ata o Salón de Actos do Centro Cívico para facer entrega dos premios do Concurso de Postais organizado polo Concello, e que nesta edición tivo os seguintes gañadores:
Realizada a entrega de Premios, os Reis estiveron con tódolos nenos/as que acudiron á cabalgata, recollendo cartas de última hora e entregando nalgúns casos xa regalos.
Como conclusión, unha estupenda xornada que comezou pola mañá con xogos na Piscina Municipal para tódolos nenos/as, continuando esta actividade tamén pola tarde ata as 18:30 horas. Tamén no Pavillón, de 15:30 a 16:30 horas, tódolos nenos/as disfrutaron das moitas actividades programadas con numerosos inchables, circuito de karts globoflexia, etc.