Inscripción para o desfile de Antroido 2010
O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, pon en marcha unha nova edición do DESFILE DE ANTROIDO para este ano 2010, o cal vai percorrer distintas rúas de Xove o SÁBADO 13 DE FEBREIRO a partires das 5 da tarde.
O período de inscrición xa está aberto, e a mesma hai que realizala en:

O Concello ten previsto que  tódolos/as  participantes a nivel individual, como parella, comparsa/grupo ou carroza que se houberan inscrito previamente no desfile  (antes do 13 de febreiro) reciban un agasallo de parte da Organización. Os/as que se inscriban o mesmo día do desfile non terán dereito a este agasallo. O agasallo se lles entregará ao final do Desfile, dentro do Pavillón de Deportes, entregando o ticket facilitado previamente pola Organización.

As BASES do Desfile “Antroido 2010” en Xove, son as seguintes:

-DESFILE E PERCORRIDO.- O desfile vai ter lugar o sábado 13 de febreiro ás 17:00 horas (5 da tarde). O PERCORRIDO do mesmo vai ser: saída do Campo de Fútbol, pasando por diante do IES Illa de Sarón e do Pedro Caselles ata sair á Avenida Deputación, continuamos pola Avda. Deputación ata desviarnos á dereita por Doutor Baamonde Illade, cortamos polo Camiño Real e chegamos ao Centro Cívico. Os/as participantes (carrozas, comparsas, grupos, etc.) durante o desfile só poderán ocupar un carril no desfile, dahí que a montaxe que presente non pode exceder do ancho dun carril normal.

-INSCRICIÓN.-  Hai que realizala en:

-NORMAS DO DESFILE:

-ENTREGA DE PREMIOS.- O mesmo día do Desfile, na Pavillón de Deportes, nun descanso das orquestras, farase entrega aos gañadores (agás os individuais infantís) dun cheque-regalo que poderán facer efectivo nas dependencias do Concello (Tesourería Municipal) dentro do prazo dos 15 días seguintes ao da entrega. Non obstante, para a percepción do cheque-regalo será obrigatorio levar postos os disfraces. Os premios individuais infantís entregaranse nun descanso do Baile Infantil que se vai celebrar no Salón de Actos.

-AGASALLOS: Tódolos/as  participantes a nivel individual, como parella, comparsa/grupo ou carroza que se houberan inscrito previamente no desfile  (antes do 13 de febreiro) recibirán un pequeno agasallo de parte da Organización. Os/as que se inscriban o mesmo día do desfile non terán dereito a este agasallo. O agasallo se lles entregará ao final do Desfile, dentro do Pavillón de Deportes, entregando o ticket facilitado previamente pola Organización

A inscrición e participación neste Desfile implica a aceptación das presentes normas incluidas nestas Bases. A organización resérvase o dereito de calquer modificación que por forza maior se vira obrigada a efectuar.

 

En canto ás modalidades e premios do Desfile, temos:

 

 

 

CARROZAS:

  • 1º Premio: 500
  • 2º Premio: 300
  • 3º Premio: 200
  • 4º Premio: 100

 

 

 

GRUPOS E COMPARSAS:

  • 1º Premio: 300
  • 2º Premio: 250
  • 3º Premio: 150
  • 4º Premio: 80

 

 

 

 

PARELLAS:

  • 1º Premio: 110
  • 2º Premio: 80
  • 3º Premio: 50
  • 4º Premio: 30

 

INDIVIDUAIS ADULTOS:

  • 1º Premio: 60
  • 2º Premio: 45
  • 3º Premio: 30
  • 4º Premio: 20

 

INDIVIDUAIS INFANTIL:

  • 1º Premio: 40
  • 2º Premio: 30
  • 3º Premio: 20
  • 4º Premio: 10

 

(*) Os premios son en contía líquida, a percibir polo gañador, aplicándose a retención do IRPF de 18% só cando o premio supere os 300 €uros, co que se vería afectado únicamente o 1º premio de carrozas.