Visita do Sr. Lorenzo Villar ao Alcalde de Xove
Nunca está de máis recordar vellos tempos, e iso foi o que fixo hoxe D. Antonio Lorenzo Villar.
O Sr. Lorenzo Villar é fillo do ex Alcalde de Xove D.
José Ramón Lorenzo Fernández, quen ocupou o Consistorio de Xove dende 1.970 a 1.975.
Pois ben, o Sr. Lorenzo Villar foi recibido polo Alcalde Demetrio Salgueiro; na reunión, o Sr. Lorenzo Villar aproveitou para rememorar a súa infancia en Vilar-Lago, parroquia, por certo, á que tamén pertence o Alcalde.
Para rematar esta visita, o Alcalde fíxolle entrega dos dous volumes de “Xove Noutros Tempos I e II”; editados polo Concello, estes albums de fotografías antigas sen dúbida lle traerán moitísimos e bos recordos a D. Antonio Lorenzo.