Bolboretas celebra o seu XXº aniversario cunha exposición

bolboretasA Asociación Xovense “ASOCIACIÓN DE MUJERES BOLBORETAS” celebra este ano 2010 o seu vixésimo aniversario, para o cal prepararon, como feito máis relevante, unha exposición XXº ANIVERSARIO – 1.990/2.010.
Na citada exposición pretenden mostrar o traballo feito pola Asociación, e lóxicamente polas socias, ao longo destas dúas décadas, traballos saídos, moitos deles, de cursos, obradoiros, etc. Ao longo deste tempo foi moito o realizado, polo que non foi fácil realizar a montaxe. Entre os numerosos obxectos expostos, temos traballos de: arte floral, cestería, bolillos, patchwork, coiro, tiffany, óleo, cerámica, ….
A Exposición vai desenvolverse na Sala de Exposición da Oficina Municipal de Turismo de Xove dende o 22 ao 29 de maio.  A mesma vai estar aberta tódolos días de 17:00 a 20:00 horas, e o mércores 26 e o sábado 29 vai abrir tamén pola mañá de 11:00 a 13:00 horas.
A inauguración da Exposición vai ter lugar o venres 21 de maio ás 20:00 horas (8 da tarde) na Sala de Exposicións da Oficina de Turismo, estando invitados á mesma numerosas persoas, autoridades municipais e outros.
A organización desta Exposición corre a cargo da Asociación Bolboretas, para o cal contou coa colaboración do Concello de Xove.