Slider
C/ Camiño Real S/N 27870 Xove (Lugo) / R.E.L. 01270253
CIF:P-2702500F Teléfono: 982592001 concello@xove.es
Turismo Xove
Administración Local
Deporte
Urbanismo
Emprego
Servizos Sociais
Delegación Agricultura

Tempo
Calendario.Lab.
C.Fiscal
Teléfonos
Horario

Tempo

El tiempo - Tutiempo.net

Calendario.Lab.

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE

As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove durante o ano 2020 son as seguintes:

---> 25 de febreiro de 2020 (Martes de Entroido)

---> 31 de agosto de 2020 (Festa Patronal  San Bartolomé de Xove)

C.Fiscal

CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS  2020

  • Imposto Municipal de Vehículos :   dende o <<<de abril ata o <<<< de xuño de 2020.-   
urbanismo
  • I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE:  ---> <<< setembro a <<< de Novembro 2020-  Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia). 

Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos  enviánse  DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-  

Teléfonos

galaxyOficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove  Tlf: 982592632

Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove  Tlf: 982592053

Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424

Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove  Tlf: 982592057

Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove  Tlf: 982571816

Horario

HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30

XVIIº Torneo concello de xove de Ximnasia Rítmica

Videos tu.tv
ximnasiaRitmicaO pasado sábado 29 de maio tivo lugar no Pavillón Municipal de Deportes de Xove o XVIIº TORNEO CONCELLO DE XOVE DE XIMNASIA RÍTMICA, unha das competicións deportivas de ritmica con máis solera da nosa Provincia.  O Torneo, organizado polo Concello a través da Concellería de Cultura e a Escola Municipal de Ximnasia Rítmica, deu comezo ás 17:30 horas coa presencia de  6 equipos, as Escolas Municipais de: Xove, Lugo, Vilalba, Rábade, Outeiro de Rey e Guitiriz, cunhas 130 ximnastas  de prebenxamín a xuvenil.
O Torneo, comezou ás 17:30 horas co Desfile Inaugural, dando paso a continuación á  exhibición “LA GRAN BOLA DE QUESO” a cargo das alumnas de Prebenxamín e Benxamín da Escola Municipal de Ximnasia Rítmica de Xove.

Rematada a exhibición, comezou acompetición propiamente dita coa modalidade de conxuntos da categoría pre-benxamín, onde o equipo da Escola Municipal de Xove se proclamou campión desta categoría seguido das escolas de Guitiriz e Vilalba.
En Conxuntos Benxamín, gañou Vilalba, seguido de Guitiriz e Rábade.
En individuais alevín, a xovense Pilar Vázquez quedou campiona, seguido de Marta Fernández e Ana Vilela; En conxuntos alevín, primeiro foi Gutiriz, segundo Outeiro de Rey e terceiro Vilalba.
En Infantil individual, primeira foi Candela Dapena de Outeiro de Rey, segunda Andrea Sanjurjo de Guitiriz e terceira Noela Bouza da Escola de Xove;  En infantil conxuntos, gañou Guitiriz, segundo foi a Escola de Xove e terceiro Outeiro de Rey.
En Iunior individual gañou Tania Gayos, seguida de Lucía López e Claudia Miragaya; en conxuntos iunior impúxose a Escola de Vilalba, seguida de Rábade e Lugo.
Xa en categoría xuvenil, en individual masculino, gañou Jonhatan Carro, e en individual feminino, primeiro foi Arlet Vilar, seguida de Silvia Seijas; rematamos coa categoría  de xuvenil conxuntos, gañada pola Escola de Vilalba, seguida de Guitiriz, ocupando a Escola de Xove a terceira posición.
Unha vez terminada a competición, tódalas ximnastas participantes ofrecéronlle ao público que ateigaba o Pavillón Municipal de Xove, unha preciosa Exhibición baixo os acordes de  Hallelujah interpretada marabillosamente por  Rufus Wainwright.
Rematou o Torneo coa entrega de trofeos aos gañadores, acto no que estiveron presentes o Concelleiro de Deportes José Manuel Balseiro, a Concelleira de Cultura Dolores Meitín e o Concelleiro de Obras José Manuel González.
Pola súa banda, o Concello de Xove regaloulles a tódalas participantes unha bonita mochila de recordo do Torneo.

.histórico de noticias.

Piscina Municipal
Información Xuvenil
Escola Infantil
Consumo
Escola de Música
Bolos
Punto Limpo