Tirada de Bolos “San Bartolo 2010”
ggg

O pasado sábado 21 de agosto celebrouse no Campo de Bolos do Municipal de Xove a tradicional TIRADA DE BOLOS “SAN BARTOLO 2010”.

Se as tiradas que celebramos no inverno están acompañadas regularmente de frio, xeadas e choivas, a que vivimos o pasado sábado foi de bochorno polo intensísimo calor que reinou durante toda a tarde. A climatoloxía de praia restounos sen dúbida participación, pero así e todo, incluido Naseiro, tivemos uns 20 participantes no Torneo, cifra moi respetable para este venerable deporte.

O Torneo disputouse en modalidade única, tanto para homes coma para mulleres en categoría senior. Co fin de evitar desigualdades, as mulleres xogaron cun coeficiente de “1´5”, ousexa, cada tanto aos homes valíalles 1 punto e ás mulleres 1´5 puntos.

O vencedor do Torneo foi o actual campión da Liga de Xove Ginés Rodríguez, quen fixo unas excelentes tiradas, índose aos 173 tantos. Está claro que na actualidade é o xogador máis en forma de todos os que compoñen a Liga de Xove.

Pero a sorpresa saltou para o segundo posto, xa que Dolores Baño acadou este segundo posto con 169 tantos, faltándolle pouco para dar a sorpresa total e facerse co primeiro posto, para o cal só lle faltaron 5 tantos. Dolores, nai do recentemente proclamado campión xuvenil de bolos Cristian Rodríguez Baño, participa regularmente na Liga de Xove e nas tiradas que se celebran por toda Galicia, dahí que non nos estrañe este resultado. Dolores tamén se fixo co trofeo á mellor bolada con 82´5 tantos, por diante de Ginés Rodríguez que só acadou 69.

O terceiro posto foi para Marcelino Rodríguez Álvarez con 130 puntos, moi alonxado das dúas primeiras posicións.

Rematado o Torneo procedeuse á entrega de trofeos, nun acto que estivo presidido polo 1º Tenente de Alcalde José Manuel González.