Clausura en Xove do Proxecto Encontros
Mañá mércores 24 de novembro, a partires das 18:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove, vai ter lugar a Clausura do PROXECTO ENCONTROS presidida polo Alcalde Demetrio Salgueiro.
Este proxecto pretendeu crear espazos nos que os rapaces/as coñeceran de primeira man os traballos e oficios do noso Concello, dende empresas a traballos relacionados co agro, o mar e a casa, explicados polos propios veciños, e fomentar a igualdade de xénero.
O proxecto “Encontros” ten como obxectivos xenéricos a igualdade entre homes e mulleres, a corresponsabilidade nas tarefas domésticas e rurais e a educación en valores de respecto.
titulo2 
 
O Proxecto  vense celebrando no noso Concello dende hai dous anos. Facendo unha relación temporal máis cercana e referíndonos exclusivamente a este ano 2010, algunhas das actividades  realizadas foron:
  • -Tarefas do rural: O día 10 de febreiro de 2010, de 16:30 a 18:30 hs tivo lugar nunha vivenda rural da parroquia de Moras unha actividade do Programa Encontros. Nesta ocasión os asistentes, alumnos e alumnas do IES Illa de Sarón, da Escola de Maiores de Xove e persoas cooperantes da organización (un total de 21 participantes), aprenderon a elaborar cestos caseiros con vimbios, facer lume, refregar millo, inxertar flores e árbores, deitar galiñas, etc.
  • -Normas de boa educación, civismo e urbanidade:  desenvolveuse o 28 de abril, dende ás 16:30 ás 18:30 horas, no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove, contando coa asistencia de 9 rapaces/as do  IES Illa de Sarón e 3 persoas maiores, xunto con persoal técnico do Concello e a Concelleira Ana Abad.
  • -Pesca de Baixura: A última actividade desenvolvida dentro deste Programa tivo lugar o 16 de xuño no Portiño de Portocelo, e estivo adicada á “Pesca de Baixura”, tanto a pé como en lancha, oficio este, dos de máis tradición nun Concello tan costeiro coma o noso. Na actividade participaron 19 alumnos/as do IES  “Illa de Sarón”e 15 adultos da Escola de Maiores.  A xornada rematou cun paseo en lancha.