Rematou o campionato de tute do Centro Social de Monte

Este Campionato, organizado polo Centro Social de San Isidoro de Monte, que contou coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Xove, comezou en novembro pasado, rematando a mediados deste mes de febreiro, e realizándose a entrega de Trofeos o pasado venres 18 de febreiro, nun acto presidido polo Alcalde Demetrio Salgueiro.
Ao campionato apuntáronse 12 parellas, que competiron todas contra todas, quedando ao final os seguintes gañadores:
Antes da entrega, tódolos participantes no campionato gardaron un minuto de silencio por Servando Corvelle, un dos gañadores da edición pasada que faleceu. Con este minuto, os presentes quixéronlle render un pequeño tributo.
Rematou esta edición do Campionato de Tute de Monte cunha cena de confraternidade, na que os presentes degustaron un gustoso e copioso cocido.
Pola súa banda, o Centro Social de Monte quere agradecerlle a tódolos xogadores a súa participación, así como a colaboración realizada polo Concello de Xove.