XVIIIº Torneo de Ximnasia Rítmica
O sábado 21 de maio vai ter lugar no Pavillón Municipal de Deportes de Xove o XVIIIº TORNEO CONCELLO DE XOVE DE XIMNASIA RÍTMICA, unha das competicións deportivas de ritmica con máis solera da nosa Provincia.  O Torneo, organizado polo Concello a través da Concellería de Cultura e a Escola Municipal de Ximnasia Rítmica, vai dar comezo ás 17:30 horas coa presencia de  8 equipos, as Escolas Municipais de: Xove, Lugo, Vilalba, Rábade, Outeiro de Rey e Guitiriz e os Clubs Senra de Lugo e Porta Norte de Burela, cunhas 170 ximnastas  de prebenxamín a xuvenil.
O Torneo, como é preceptivo, vai comezar antes da hora citada co quencemento e paso previo polo tapiz de tódalas participantes. Ás 17:30 horas vaise abrir coa EXHIBICIÓN “PROGRESIÓNS XIMNÁSTICAS” a cargo de tódalas alumnas da Escola Municipal de Ximnasia Rítmica de Xove. Rematada a exhibición, vai comezar acompetición propiamente dita coa modalidade de conxuntos da categoría pre-benxamín. 

CARTEL__XVIII_TORNEO_XIMNASIA_RITMICA_2011


O orde de competición é o seguinte: Rematará o Torneo co desfile e a entrega de trofeos e medallas a tódolas participantes, acto que estará presidido polo Alcalde Demetrio Salgueiro.
PROGRAMA_DE_MAN_1.pdf
PROGRAMA_DE_MAN_2.pdf