Feira de Artesanía en Xove
Do 26 ao 29 de maio de 2011 vai ter lugar na Praza do Centro Cívico de Xove unha FEIRA DE ARTESANÍA MULTICULTURAL DO MUNDO, a cargo da Asociación Artesanía y Curiosidades del Mundo “ARCUMUN”, asociación asentada en Valdemoro (Madrid).

Nuns 20 stands, que como dixemos van estar ubicados na Praza do Concello, ARCUMUN  vai permitir achegarnos á artesanía e aos alimentos do mundo cun percorrido fácil de realizar e divertido no que nos atoparemos dende artigos de pel elaborados á man ata doces e conservas galegas.
A feira achéganos curiosidades doutros países de Latinoamérica e de Europa. Este ano, como novidade, atopamos uns manteis franceses que teñen a peculiaridade de non ensuciarse. Tamén podemos levarnos á casa un trozo de sorte, con pulseras, pendientes, chaveiros, etc. realizados a man con semillas de “huayruro” procedentes do Perú e que dín, traen boa sorte.
Pola súa banda, o Concello colabora con esta Feira cedendo a praza para realización da mesma e tamén con apoio infraestrutural.