Apertura hoxe en Xove desta exposición fotográfica colectiva
Hoxe, venres 10 de agosto, ás 13:30 horas, o Alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado da Concelleira de Turismo E Deporte Cristina Iglesias, así cómo dos fotógrafos participantes, foi inaugurada a exposición fotográfica “XOVE 360º”, que nesta súa QUINTA edición denomínase “MARUSÍA”.
A exposición está organizada e patrocinada pola Concellería de Cultura do Concello de Xove, contando coa importante colaboración do Colectivo de Fotógrafos de Xove. A mesma encardínase dentro do Programa da Festas Patronais do San Bartolo.
Ana Isabel Codesal, Javier Arca, Mateo Guerreiro, Eduardo Rodríguez, Rubén Pico, Andrés García, Javiera Duarte e Pedro García conforman o Colectivo de Fotógrafos de Xove que expoñen na Sala de Exposicións do Centro Cívico.
A exposición conta con 40 fotografías, 5 de cada fotógrafo. A temática das fotos desta edición foi totalmente libre, iso sí, centrada no noso Concello.
A maquetación das fotografías foi relizada por un dos participantes, concretamente Javier Arca..
A Exposición, como dixemos, vai estar aberta na Sala de Exposicións do Centro Cívico, do 10 ao 31 de agosto: en horario de 19:00 a