Alcoa sinala o 5 de outubro como tope para aclarar o seu futuro

Alcoa necesita ter antes do próximo 5 de outubro unha resolución que aclare se disporá dunha tarifa enerxética competitiva para seguir producindo aluminio, non só en Galicia, senón tamén no resto do país. A data non é unha ameaza gratuíta, segundo despréndese do contido da reunión que onte se celebrou na fábrica que a multinacional americana ten na localidade mariñá de San Cibrao, senón que está vinculada aos prazos para pechar os contratos cos seus clientes de cara ao próximo ano, e ante a «incerteza» que xera descoñecer a situación da factoría no 2013.