Exitazo do club de bolos Xove

O pasado sábado 13 de outubro tiña que celebrarse a tirada de bolos municipal do Club Social de Palmeiro, pero non se celebrou, xa que se suspendeu debido a que un nutrido grupo de tiradores do CLUB DE BOLOS XOVE desprazouse a Asturias a participar no CAMPIONATO DE ESPAÑA DE BOLO CELTA EN CATEGORÍAS XUVENIL, FEMENINA E VETERANOS. Este Campionato de España celebrouse os dias 13 e 14 de outubro nos campos de La Panera (Cangas de Narcea – Asturias) e campos de San Roque (Tineo – Asturias),  desenvolvéndose as finais neste último campo.

Os resultados obtidos pódense calificar de espectaculares, especialmente en categoría xuvenil.

bolos xogadores2012

En CATEGORÍA XUVENIL os dous finalistas foron ALEX MEITÍN SERANTES (CAMPIÓN) E ÓSCAR PÉREZ MEITÍN (SUBCAMPIÓN), ámbolos dous do CLUB DE BOLOS XOVE.

En CATEGORÍA PARELLAS XUVENÍS, os anteriores ÁLEX MEITÍN SERANTES E ÓSCAR PÉREZ MEITÍN proclamáronse tamén CAMPIÓNS DE ESPAÑA nesta categoría. Nesta mesma categoría o xogador xovense CRISTIAN RODRÍGUEZ BAÑO, formando parella con DAVID DÍAZ do Club de La Panera, clasificouse en TERCEIRA POSICIÓN final.

En CATEGORÍA FEMININA a xovense CARMEN ROCA CORRAL quedou nunha moi meritoria CUARTA POSICIÓN, despois, iso sí, de perder coa actual campiona de España. Outra xovense, BELÉN METÍN, sigueulle na clasificación, acadando a QUINTA POSICIÓN.

Xa en CATEGORÍA VETERANOS, os xovenses ARTURO RODRÍGUEZ  e JOSÉ BAÑO tiveron unha discreta actuación, acadando os postos 12 e 13 respectivamente.