O programa “Mañáns Activas de Verán” en marcha

Hoxe, 2 de xullo de 2013, deron comezo  as actividades do Programa “Mañáns Activas de Verán, as cales vanse desenvolver sobretodo no Centro Xuvenil do Concello de Xove (onde a OMIX), cun total de 34 mozos/as inscritos, de idades comprendidas entre 10 e 16 anos. Debido ao alto número de inscritos, houbo que doblar as actividades, formando dous grupos, segundo idades, con 17 en cada grupo.

Estas actividades, organizadas pola OMIX, vanse levar a cabo durante os meses de xullo e agosto, os martes, mércores e xoves en horario de 10:30 a 13:30 h.. Este proxecto conta coa colaboración de 5 rapazas voluntarias do Concello de Xove, encargadas de axudar á integración dos rapaces e da dinamización das actividades.bailando

O proxecto “Mañáns Activas de Verán” pretende ofertar actividades formativas, lúdicas e dinámicas, que permitan á xuventude outras formas diferentes de ocupar o tempo de lecer durante as vacacións de verán. Tratando de dar unha resposta á inactividade deste colectivo durante  estas datas estivais.

A través deste proxecto, proponse a realización das seguintes actividades: