Día Internacional da Seguridade Informática

 O 30 de novembro o Concello de Xove conmemorou o DÍA INTERNACIONAL DA SEGURIDADE INFORMÁTICA. Dende a Oficina Municipal de Información Xuvenil e en colaboración con persoal do “Plan Director para la Convivencia y Mejora de la Seguridad en los Centros Educativos y sus Entornos”organizouse unha Xornada formativa sobre a seguridade nas redes sociais na que se tratron distintos temas relacionados coa seguridade informática e internet. Nesta charla participaron 32  persoas do noso Concello, de idades comprendidas entre 10 e 16 anos, polo que podemos decir que foi de grande interese para todos.