Comezou o Campamento de Verán en Xove

Onte comezaron o campamento de verán 27 nenos e nenas de entre 10 e 16 anos. Ás 4 da tarde, as nenas e nenos participantes  acamparon nas inmediacións do Centro Social de Morás e estarán alí ata as 13:30 h. de mañá venres.
Neste campamento, organizado polo Departamento de Xuventude do Concello de Xove, os nenos e nenas participantes  realizarán distintas actividades baixo a coordinación dos monitores da empresa IG10.

campaveran17