Clausura de actividades de “DIVERVERÁN” na OMIX 2017

Hoxe, día 23 de agosto, os 25 rapaces e rapazas participantes nas  actividades de “DIVERVERÁN”, clausuraron as actividades deste verán e  inauguramos a exposición cos traballos feitos. O Alcalde, Demetrio Salgueiro e as concelleiras Ana Abad, Dolores  Meitín e Cristina Iglesias puideron degustar xunto coas nais e pais dos  nenos uns pinchos elaborados por eles mesmos. O proxecto “DIVERVERÁN” está encadrado dentro do Programa de  Voluntariado Xuvenil da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e  Voluntariado. Durante os meses de xullo e agosto, tres días á semana  (martes, mércores e xoves) organizamos con axuda de voluntarios  actividades para nenas e nenos de entre 10 e 16 anos.

 Este ano no noso  Concello acompañáronos 5 voluntarias: Alba Pernas, Andrea Díaz, Laura  Iglesias, Margarita Parapar e María Raquel Pernas.

As actividades levadas a cabo durante este verán son numerosas:

q     Informática. Este ano os participantes aprenderon a programar Java.

q     Cociñarte. As nenas e nenos preparan un almorzo, unha comida e os pinchos  da inauguración.

q     Actividades no exterior. Este verán aproveitaremos para recuperar algúns  xogos populares, as carreiras de sacos, o xogo da corda, do pano, etc.

Tamén  tivemos un día de inchables de auga ao aire libre.