Obradoiros de Minecraft e Robótica na OMIX
O Concello de Xove, quixo este ano ser pioneiro na oferta de obradoiros para a infancia e xuventude. Este ano como novidade realizáronse os obradoiros de MINECRAFT e ROBÓTICA.
- O MINECRAFT é o videoxogo mais extendido do mundo, caracterízase por ser moi creativo, e permítenos adquirir nocións de electricidade, programación, domótica, redes informáticas, etc. MINECRAFT permite abarcar todo tipo de materias nun entorno inmellorable para que os participantes se sintan motivados coa actividade.
- Por outra banda a ROBÓTICA apaixona aos rapaces e rapazas de todas as idades, xa que lles permite construir calquera cousa que se lles ocurra. Despois de familiarizarse cos sistemas robóticos de Lego Wedo e con todos os tipos de bloques, os rapaces construíron pequenos inventos robóticos e máquinas futuristas. Estes obradoiros, de 2 horas de duración cada un deles, están enmarcados dentro do programa de Voluntariado Xuvenil “Enredar para aprender” de actividades dirixidas á xuventude do Concello de Xove. Foron impartidos pola empresa Espacio Vivo de Ferrol.En total, participaron 25 rapaces e rapazas de entre 10 e 14 anos. Todos os asistentes se amosaron contentos cos obradoiros e interesados en que se repetiran.