Clausura de actividades de “Mañáns Divertidas”

Clausura de actividades de “Mañáns Divertidas” e inauguración da exposición dos traballos feitos durante o verán

Hoxe, día 22 de agosto, os 23 rapaces e rapazas participantes nas actividades de “MAÑÁNS DIVERTIDAS”, clausuraron as actividades deste verán e inauguramos a exposición cos traballos feitos. As concelleiras Ana Abad, Dolores Meitín e Cristina Iglesias puideron degustar xunto coas nenas e nenos duns pinchos de despedida. O proxecto “MAÑÁNS DIVERTIDAS” está encadrado dentro do Programa de Voluntariado Xuvenil da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Durante os meses de xullo e agosto, tres días á semana (martes, mércores e xoves) organizamos con axuda de voluntarios actividades para nenas e nenos de entre 10 e 16 anos. Este ano no noso Concello acompañáronnos 5 voluntarias: Eva Hermida, Alba Villarquíde, Laura Cuadrado, Sara Martínez e Sofía López.

As actividades levadas a cabo durante este verán son numerosas: Informática. Este ano os participantes aprenderon programación HTML. Cociñarte. As nenas e nenos prepararon un almorzo. Actividades no exterior. Yincanas por equipos, brilé, xogo do pano, etc. Sendeirismo. Fixemos un tramo da ruta dos Muiños. Recuncho de tarefas. Hama beads, marcos de fotos, lapiceros, esgrafiado, puntillismo, pulseiras, etc. Ocio alternativo. Obradoiro de robótica educativa.

Nestas actividades ao tempo de divertirnos tamén reflexionamos sobre a igualdade de xénero, o bullyng e os riscos do mundo cibernético. CONTACTO: DªANA ABAD, CONCELLEIRA DE SERVIZOS SOCIAIS E XUVENTUDE TFNO: 625062246 Dª CRISTINA IGLESIAS, CONCELLEIRA DE TURISMO, DEPORTES E XUVENTUDE TFNO: 699328227 Xove, a 22 de agosto de 2019 Asdo.- Silvia Rodríguez Barreiro Técnica Municipal de Xuventude