OMIX: APRAZAMENTO DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE

Debido á actual alerta sanitaria recollida na Orde do 21 de outubro de 2020, pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia publicada no DOG nº 212-Bis, do 21 de outubro, na cal se establece que nas actividades deportivas non federadas e nas actividades de tempo libre os grupos se reducirán a cinco persoas sen contar co monitor.

Dado o gran número de inscricións nas actividades ofertadas por este Concello, neste momento, é inviable o inicio das mesmas quedando aprazado ata que mellore a situación sanitaria.

omix


Dende o Concello de Xove facemos fincapé na necesidade de seguir cumprindo as medidas de seguridade usando a máscara, limpeza de mans, gardando as distancias de seguridade e cumprindo a norma de non facer reunións de mais de cinco persoas non conviventes.

Agradecemos á veciñanza polo seu esforzo e concienciación polo ben común nesta actual situación excepcional.