PRESENTADO O PROGRAMA VERÁN XOVE 2022

O mesmo foi presentado este mediodía polas concelleiras de Servizos Sociais e Xuventude e Deporte, Ana Abad e Cristina Iglesias e respectivamente.Trátase de actividades deportivas e lúdicas en xeral. É un programa moi amplo que inclúe festas, xogos de todo tipo, excursións, competicións deportivas, obradoiros, etc. As actividades que se van desenvolver, e que resumimos, son:

 -9 de xullo: RUTA DOS FORNOS en A Pontenova, a partir de 1º de ESO (Prazas  limitadas)

-13, 14 e 15 de xullo: CAMPAMENTO EN MORÁS. A partir de 6º de primaria.

-23 de xullo: PAINTBALL MOCIDADE. A partir de 3º da ESO.

-6 de agosto: VIAXE AO AQUAPARK DE CERCEDA. A partir de 1º de ESO.

-19 de agosto: OPERACIÓN DIAMANTE EN XOVE. A partir de 6 anos..

A inscrición para estas actividades vaise realizar na OMIX unha semana antes de cada actividade.

       Inscricións na OMIX ata 2 días antes de cada actividade. Estas actividades vanse realizar en horario de mañá, con saída da marquesiña do bus do Concello.

A Organización corre a cargo do Concello de Xove, concretamente das Concellerías de Servizos Sociais, Xuventude e Deporte. Contamos tamén co patrocinio da Xunta de Galicia a través da Consellería de Política Social e da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Secretaría Xeral da Igualdade.

PRSENTACIÓN PROGRAMA VERAN XOVE 2022

CONTACTO:  -- ANA ABAD TFNO: 625062246   -- CRISTINA IGLESIAS TFNO: 699328227