Renovación da Aula de Informática do Concello (OMIX)

O Concello dispón de hai bastantes anos dunha ⭐️Aula Informática, ubicada dende sempre nun local da OMIX, na cal se levan organizado multitude de cursos informáticos de todo tipo, tanto para xoves como para adultos. Ademáis úsase a diario para que os rapaces poidan realizar os seus traballos e tamén conectarse.

Como o tempo pasa para todo, este equipamento estaba bastante gastado e deteriorado, dahí que o Concello decidira sustituir os vellos ordenadores por uns novos. Estes últimos días procedeuse á renovación completa e hoxe xa lucen os 8 novos ordenadores de 22 pulgadas, discos duros SSD e procesadores Intel I3 equipados con Windows 10.

 

NOVOS ORDENADORES AULA INFORMATICA