Rematan as actividades do proxecto "Encontros"

Nachos

Este proxecto ten un doble obxectivo,  crear espazos nos que os rapaces e rapazas coñezan de primeira man os traballos e oficios do noso concello, dende empresas a traballos relacionados co agro, o mar e a casa, explicados polos propios veciños, e fomentar a igualdade de xénero.
HOXE, mércores 4 de novembro, de 16:30 a 18:30 horas da tarde, terá lugar na Aula da OMIX a derradeira actividade do Proxecto Encontros do ano 2009.
Esta actividade ten por nome "AS TAREFAS DO FOGAR" e como  obxectivos ensinar aos rapaces e rapazas as diferentes tarefas domésticas (planchar, coser, cambiar cueiros, facer un biberón, etc). Na mesma van a participar, como ponentes,  7 alumnos/as da Escola de Maiores que van aportar as súas experencias a alumnos/as de 1º e 2º de ESO, quens van poder manter un contacto con persoas experimentadas  nas distintas tarefas do fogar. Os rapaces/as da ESO van a realizar prácticas nestas tarefas, dado que vai haber 8 rincóns diferentes, en cada un deles vaise realizar unha actividade concreta: cambiar cueiros a bebés, facer biberóns, facer nús de garabatas, parchear e cambiar cámaras de bicis, planchar, coser, facer una cama e cravar puntas e preparar unha lampa.
Este Programa está  organizado pola Unidade de Educación Familiar e o Departamento Municipal de Igualdade do Concello de Xove e subvencionado, en parte, pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.