Slider
C/ Camiño Real S/N 27870 Xove (Lugo) / R.E.L. 01270253
CIF:P-2702500F Teléfono: 982592001 concello@xove.es
Administración Local
Urbanismo
Deporte
Turismo Xove
Emprego
Servizos Sociais
Delegación Agricultura

Tempo
Calendario.Lab.
C.Fiscal
Teléfonos
Horario

Tempo

El tiempo - Tutiempo.net

Calendario.Lab.

 

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024

As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove  son as seguintes:

---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)

---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal  San Bartolomé de Xove)

C.Fiscal

CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS  

CERTI TRANS2

25 * CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN  PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA
PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL

  • Imposto Municipal de Vehículos :   Entre o 15 de abril  e o  15 de xullo  
urbanismo
  • I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE:  ---15 de setembro a 15 de novembro-  Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia). 

Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos  enviánse  DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-  

Teléfonos

galaxyOficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove  Tlf: 982592632

Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove  Tlf: 982592053

Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424

Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove  Tlf: 982592057

Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove  Tlf: 982571816

Horario

HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30

Fin de semana en Casas de Turismo Rural

Casa_rural

A XUNTA PRESENTA O PROGRAMA "XUVENTUR", QUE OFRECE 1.500 PRAZAS A MOZOS GALEGOS PARA ESTADÍAS MULTIAVENTURA EN CASAS DE TURISMO RURAL
O director xeral de Xuventude e Voluntariado e mais a secretaria xeral para o Turismo presentaron hoxe en Santiago o programa Xuventur. Turismo rural para a mocidade galega. Esta iniciativa, desenvolvida coa colaboración entre a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar e mais a Secretaría Xeral para o Turismo da Consellería de Cultura e Turismo, vai dirixida aos mozos e mozas de entre 18 e 35 anos.
Xuventur facilitará que os participantes nesta iniciativa poidan coñecer a xeografía e o patrimonio natural, cultural e etnográfico de Galicia, promovendo o seu respecto. Así mesmo, proporciona á xente nova a oportunidade de vivir a experiencia do turismo activo e do turismo rural de Galicia e promove a educación ambiental e o ocio saudable.A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, explicou que entre os obxectivos desta iniciativa está o de "intentar compensar en momentos de baixa ocupación e tamén incrementar a porcentaxe de turistas galegos en Galicia". "É importante transmitir co boca a boca que somos un destino turístico de excelencia", matizou.
Pola súa banda, o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, incidiu en que o programa servirá, non só para ofrecer á mocidade unha alternativa ao ocio, senón tamén para "desestacionalizar o emprego dos monitores das empresas de multiaventura, que doutro xeito quedaría practicamente limitado aos meses de verán", engadiu.


O programa Xuventur, desenvolverase durante as fins de semana dos meses de abril, maio e xuño excluída a Semana Santa e inclúe aloxamento en casas de turismo rural, noites do venres e sábado; manutención completa (venres: cea; sábado: almorzo, pic-nic e cea; e domingo: almorzo). Tamén está incluído no programa o transporte das persoas que participan dende o aloxamento ao lugar onde se realizarán as actividades durante a xornada do sábado e do domingo.
Así como o programa de actividades, o equipo de monitores e o material preciso para o seu desenvolvemento. No suposto de que faga mal tempo, desenvolveranse actividades alternativas. Hai trece programas diferentes que comprenden actividades como bodyboard e skibus, cabullería, sendeirismo, piragüismo, paintball, tiro con arco, escalada, rutas en btt, rutas dacabalo, orientación, canoas, tiro con arco, visitas guiadas e culturais, descenso en kaiak, surf, padelboard, espeleoloxía, inciación á escalada e rapel, xogo de rol en vivo dramatizado, carreiras de orientación con gps deportivo...106 establecementos en 67 concellosNo programa participan 106 establecementos rurais situados en 67 concellos galegos.
As condicións do mesmo foron pactadas en colaboración con 15 asociacións de turismo rural e participan na iniciativa 13 empresas de turismo activo. En total haberá 1.496 prazas dispoñibles e o programa durará 11 fins de semana.
Os prezos de aloxamento e máis as actividades son entre un 50 e un 60% máis baratos que si se contratan directamente sen facelo dentro do programa. Co respecto ao número de prazas, Rodeiro destacou que este ano se incrementaron en 500 con respecto ás cifras que se barallaron o ano anterior. ""Conseguimos sumar 50 establecementos máis a este campaña", apuntou. Para participar nas actividades é necesario inscribirse nos teléfonos 981 957 057 ou 881 999 314.
Pódese obter información dirixíndose á Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado na Consellería de Traballo e Benestar.

Tamén se pode obter información nos seguintes servizos provinciais: na provincia da Coruña no Servizo de Xuventude, no 11 andar do Edificio Proa de Matogrande; na Oficina Local de Ferrol, no Edificio Administrativo da Praza Camilo José Cela e en Santiago de Compostela no Centro coordinador de Información e Documentación Xuvenil da Praza do Matadoiro.
En Lugo, a información pode obterse no Servizo de Xuventude do Edificio Administrativo da Ronda da Muralla; en Ourense, no Servizo de Xuventude do Edificio Administrativo da Avenida da Habana; e en Pontevedra no Servizo de Xuventude do Edificio Administrativo da Rúa Concepción Arenal e máis na oficina Local da rúa Fernández Ladreda. Así mesmo, pódese obter información sobre o programa na web www.xuventude.net.
O número máximo de persoas que poderán participar en cada unha das opcións e fins de semana será determinado pola capacidade das casas de turismo rural, podendo variar entre 22 e 25 prazas. O prezo será de 100 euros por praza e as persoas con carné xove terán un 25% de desconto.A iniciativa de turismo activo Xuventur enmárcase dentro da liña de actuación Turismo para Todos que se inclúe no Plan de Actuacións 2010 de Turgalicia, na que se desenvolveron ata o de agora outros programas como o Outono nas Termas ou Montaña en Familia.Nesta mesma liña de actividades, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado ten marcha outro programa de aproveitamento natural, chamado "Roteiros", que pon énfase nas actividades de multiaventura, e que se leva a cabo na Costa da Morte, na Ría de Arousa e na Serra do Candán, en Forcarei.
Os dous programas suman case 3.000 prazas "para que a mocidade participe do turismo activo e de natureza en Galicia", rematou.

.histórico de noticias.

Novo-->XeoPortal
OJO:No funciona en Firefox
Piscina Municipal
Información Xuvenil
Escola Infantil
Medio Ambiente
Consumo
Escola de Música
Bolos
Punto Limpo