Entrega de diplomas do Curso de Perfeccionamento de Informática
Hoxe pola mañá, na Aula de Informática da OMIX de Xove,  tivo lugar a entrega de Diplomas do Curso de “PERFECCIONAMENTO DE INFORMÁTICA”, acto presidido polo Alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado da Concelleira Ana Abad e o profesor Daniel López.

O Curso de "PERFECCIONAMENTO DE INFORMÁTICA", organizado pola Delegación Municipal de Xuventude,  tivo unha duración de 20 horas (durante os meses de outubro e novembro) e foi impartido por Daniel López Pena, técnico informático da OMIX.

Nesta edición, participaron un total de 30 persoas con idades comprendidas entre os 28 e 68 anos. Os contidos tratados foron Microsoft Office Word, Excell, Publisher e Internet.

 

DIPLOMASweB2011