“Contos coas mans abertas” en Xove a vindeira semana
 O grupo de teatro A TROPA DE TRAPO vai por en escea a vindeira semana, concretamente o sábado 10 de decembro, ás 17:00 horas na OMIX de Xove, a obra “CONTOS COAS MANS ABERTAS”.

"CONTOS COAS MANS ABERTAS" son contos en galego con música dirixidos ao público adulto. Recopila historias reais, humanas e sinceras. Mulleres dunha aldea galega que aprenden a andar en bicicleta, cooperantes, guerrilleiros sandinistas, vacas, inmigrantes do Magreb e unha tribu de bosquimanos... todo misturado cun ritmo entretido, cercano e emocionante. Son contos para mellorar o mundo, sempre coas nosas mans abertas.

 "CONTOS COAS MANS ABERTAS" está financiado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade.