ACTIVIDADES DO PROGRAMA DE NADAL

OBRADOIRO DE "PINTADO DE FIGURAS" E COLOCACIÓN DO BELÉN NA OMIX
Onte 21 de decembro comezou na Oficina Municipal de Información Xuvenil de Xove (OMIX) un OBRADOIRO DE "PINTADO DE FIGURAS E COLOCACIÓN DE BELÉN" no que están a participar numerosos rapaces/as do Concello. Este obradoiro, no que os/as participantes, utilizando distintas técnicas, pintan figuras de belén, pretende ao final do mesmo a realización e montaxe dun BELÉN.  O obradoiro vai continuar tamén hoxe de 17:00 a 19:00 horas, para rematar mañá coa montaxe do propio  belén. O obxectivo deste obradoiro é múltiple:
-Que os rapaces se divirtan aprendendo.
-Aprendizaxe de técnicas artísticas.
-Recuperación de tradicións tan arraigadas na nosa cultura como é a realización de beléns.
OBRADOIRO_PINTADO_FIGURAS_BELN_2