Slider
C/ Camiño Real S/N 27870 Xove (Lugo) / R.E.L. 01270253
CIF:P-2702500F Teléfono: 982592001 concello@xove.es
Administración Local
Urbanismo
Deporte
Turismo Xove
Emprego
Servizos Sociais
Delegación Agricultura

Tempo
Calendario.Lab.
C.Fiscal
Teléfonos
Horario

Tempo

El tiempo - Tutiempo.net

Calendario.Lab.

 

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024

As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove  son as seguintes:

---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)

---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal  San Bartolomé de Xove)

C.Fiscal

CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS  

CERTI TRANS2

25 * CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN  PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA
PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL

  • Imposto Municipal de Vehículos :   Entre o 15 de abril  e o  15 de xullo  
urbanismo
  • I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE:  ---15 de setembro a 15 de novembro-  Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia). 

Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos  enviánse  DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-  

Teléfonos

galaxyOficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove  Tlf: 982592632

Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove  Tlf: 982592053

Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424

Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove  Tlf: 982592057

Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove  Tlf: 982571816

Horario

HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30

Obradoiro de Emprego “Sendas de Burela, Cervo e XOVE II”

Ofertánse prazas para persoal e contratos de formación práctica para alumnado traballador. Lugar de impartición do curso: Colexio Público de Palmeiro.- A data aproximada será o 29 de agosto de 2014.

 

Alumnado Traballador – Especialidade Xardineiría para Xove.- Nº de prazas: 7

 

Persoal - prazas convocadas:   1- Monitor pintor.2- Monitores xardineiros.1-Administrador (1/2 Xornada)

 

Obradoiro de Emprego  “Sendas de Burela, Cervo e XOVE II”

Alumnado Traballador – Especialidade Xardineiría para Xove

Nº de prazas: 7

 

Relación xurídica dos traballadores participantes coa entidade promotora do obradoiro de emprego. Durante a duración do obradoiro de emprego os alumnos-traballadores participantes estarán vinculados á entidade promotora mediante a modalidade de contrato para a formación e o aprendizaxe. Os contratos de traballo terán carácter temporal, cunha duración de seis meses e a xornada completa.

 

Requisitos das persoas aspirantes. Os participantes no proceso selectivo, deberán reunir os seguintes requisitos:

Requisitos xerais.

1º.- Estar inscrito como desempregado na oficina de emprego e empadroado nos Concellos de Xove, Cervo e Burela con anterioridade a data de firma das bases.

2º.- Ser maior de 18 anos.

3º.- Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida a normal aprendizaxe das ensinanzas a impartir con ocasión do desenvolvemento do proxecto formativo.

4º.- Comprometerse activamente no obxecto fundamental do obradoiro de emprego: a aprendizaxe da especialidade formativa á que sexa adscrito, como medida orientada a favorecer a súa inserción profesional e o acceso ó mercado de traballo, por conta propia ou allea.

5ª Posuír a formación mínima en materia de competencias clave para poder cursar con aproveitamento os diferentes módulos formativos das respectivas especialidades, obrigatorio para poder acadar o correspondente certificado de profesionalidade.

b) Requisitos específicos:

1º- Nivel profesional: ata oficial de 2ª inclusive.

2º.- Idade: maiores de 18 anos.

c) Causas de exclusión: Haber participado anteriormente nunha escola obradoiro ou obradoiro de emprego

Criterios de preferencia.

a) Terán preferencia para participar nestes proxectos as persoas que, reunindo os requisitos xerais antes establecidos e, se é o caso, tendo previsto a realización deste tipo de medidas no seu itinerario de inserción profesional, teñan especiais dificultades de inserción no mercado de traballo, tales como as persoas mozas menores de trinta anos, as mulleres en xeral, as mulleres vítimas de violencia, o persoal traballador que esgotou as prestacións e subsidios por desemprego, as persoas paradas de longa duración, as persoas maiores de corenta e cinco anos, as persoas que carecen de títulos universitarios e de FP de grao superior, as persoas con discapacidade sempre que poidan realizar os traballos e as persoas pertencentes a outros colectivos desfavorecidos ou en risco de exclusión social, especialmente, as persoas beneficiarias da renda de integración social de Galicia.

b)  As beneficiarias do programa de fomento da inserción laboral das mulleres vítimas de violencia incorporaranse directamente con prioridade absoluta o proxecto, sempre e cando cumpran os requisitos xerais das presentes bases.

 

Persoal - prazas convocadas:

1- Monitor pintor.

2- Monitores xardineiros.

1-Administrador (1/2 Xornada)

REQUISITOS E CONDICIÓNS  PARTICULARES DE CADA UNHA DAS PRAZAS:

a) Monitor Pintor :

- Estar en posesión da categoría profesional de Oficial de 1ª Pintor ou ter traballado como Pintor no Réxime de Traballadores Autónomos. Será necesario a acreditación de ter unha   experiencia mínima de 3 anos.

A categoría profesional e a experiencia entenderanse cumpridos polos aspirantes que traballaran como docentes en dita especialidade, un mínimo de 3 anos, nunha escola obradoiro, casas de oficios ou obradoiro de emprego

Acreditar a competencia docente co certificado de profesionalidade de formador ocupacional ou co certificado de profesionalidade de docencia da formación profesional para o emprego, ou co CAP ou que acrediten unha experiencia docente contrastada de polo menos de  600 horas nos últimos dez anos en formación profesional para o emprego ou do sistema educativo.

- Ter os coñecementos e a experiencia necesarios para desenvolver as funcións definidas no apartado 4.1 das bases.

b) Monitor de Obradoiro de Xardinaría:

- Estar en posesión da categoría profesional de Oficial 1ª xardineiro, ou ter traballado como xardineiro no réxime de traballador autónomo. Será necesaria a acreditación de ter unha experiencia mínima de 3 anos.

A categoría profesional e a experiencia entenderanse cumpridos polos aspirantes que traballaran como docentes en dita especialidade, un mínimo de 3 anos, nunha escola obradoiro, casas de oficios ou obradoiro de emprego

A categoria profesional e a experiencia entenderánse cumpridas nos aspirantes que estean en posesión do título de Enxeñeiro Técnico Agrícola, Enxeñeiro Técnico Forestal, Enxeñeiro Agrónomo ou Enxeñeiro de Montes e unha experiencia profesional mínima de 1 ano como xardineiro.

Acreditar a competencia docente co certificado de profesionalidade de formador ocupacional ou co certificado de profesionalidade de docencia da formación profesional para o emprego, ou co CAP ou que acrediten unha experiencia docente contrastada de polo menos de  600 horas nos últimos dez anos en formación profesional para o emprego ou do sistema educativo.

- Ter os coñecementos e a experiencia necesarios para desenvolver as funcións definidas no apartado 4.1  das presentes bases.

c) Administrador:

- Titulación: Diplomado ou Licenciado en Empresarias ou Licenciado en Ciencias Económicas ou Diplomado en Relacións Laborais.

Ter os coñecementos e experiencia precisos para desenvolver as funcións definidas no apartado 4.2 das bases.

BASES OBRADOIRO

 

PARA MÁIS INFORMACIÓN: OFICINA DE EMPREGO DE BURELA; DEPARTAMENTO DE EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL DO CONCELLO DE XOVE

 

 

 

.histórico de noticias.

Novo-->XeoPortal
Piscina Municipal
Información Xuvenil
Escola Infantil
Medio Ambiente
Consumo
Escola de Música
Bolos
Punto Limpo