Feira Empresarial Multisectorial "Agora Xove"

Os próximos días 11 e 12 de febreiro terá lugar a feira empresarial AGORA XOVE que organiza a ACIAM en colaboración co Concello de Xove, co obxectivo principal de fomentar o consumo no tecido empresarial xovense, máis de 50 negocios exporán os seus produtos e servizos nunha carpa situada na Praza do Concello. Haberá ademais demostracións, obradoiros, degustacións gastronómicas, desfiles, charlas, … O evento rematará o domingo “cun gran desfile da man da empresa de moda máis importante da comarca: Catycris”.

 O Concello de Xove, ademais de aportar axuda técnica e económica ao evento, tamén participará cun stand no que amosará o seu papel á hora de apoiar a creación e mantemento de iniciativas empresariais no municipio.-